fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 30 Outubro 2020 10:30

Traslado punto limpo mobil

Traslado punto limpo mobil

O punto limpo mobíl foi trasladado dende o lugar de Romariz (Soutomaior) ata o de Sameán (Arcade).

Este vehículo, suministrado grazas a unha axuda da Xunta de Galicia, serve para a recollida de residuos que non dispoñen de contedores de recollida selectiva colocados normalmente na vía pública. Desta maneira, o concello de Soutomaior habilita un espazo de recollida para estas fraccións de residuos e así mellorar a recollida selectiva no termo municipal.

 Débese de depositar a roupa en bolsas pechadas na boca de aporte correspondente e non deixar ningún residuo fóra ou nas inmediacións do mesmo.

O punto limpo mobil só pode recibir residuos dos fogares particulares e como excepción poderá asumir residuos das actividades comerciais sempre que o volumen unitario sexa similar ao dun domicilio particular na súa actividade diaria.

En ningún caso aceptará residuos industriais.


Publicado en Medio Ambiente
Visto 728 veces