fbpx
Imprimir esta páxina
Luns, 20 Xullo 2020 09:28

Biotrituradoras para fomentar a compostaxe doméstica

Biotrituradoras para fomentar a compostaxe doméstica

O Concello de Soutomaior acaba de adquirir 6 biotrituradoras para poñer en marcha o seu programa de “Ampliación do programa de Compostaxe Doméstica”. Un plan co que o goberno local quere aumentar a capacidade de reciclaxe de materia orgánica do municipio mediante o préstamo de biotrituradoras que permitan a compostaxe de restos vexetais de gran tamaño.

O obxectivo deste programa é proporcionar aos veciños do municipio as ferramentas necesarias para que poidan incorporar aos seus composteiros as ramas e restos vexetais procedentes de pódaa e da limpeza das súas leiras, eliminando así a necesidade de realizar queimas de restos agrícolas que poidan resultar perigosas durante a época de risco de incendios.

As bases do programa de préstamos das biotrituradoras publicaranse na web municipal antes de entrar en servizo para que os veciños poidan ir solicitando a súa adhesión ao plan e ir solicitando unha quenda e un dos dous tamaños de trituradoras dispoñibles.


Publicado en Medio Ambiente
Visto 921 veces