fbpx
Imprimir esta páxina
Mércores, 01 Xullo 2020 13:53

Suspensión das queimas agrícolas e forestais

Suspensión das queimas agrícolas e forestais

O período de alto risco abrangue un período de tres meses, dende o 1 de xullo ata o 30 de setembro

A Consellería do Medio Rural lembra que existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria: o 900 815 085

A campaña de alto risco de incendios forestais en Galicia comeza hoxe, mércores 1 de xullo, e estenderase ata o 30 de setembro. Isto supón a suspensión das queimas, polo que quedou interrompida a tramitación das comunicacións para as queimas agrícolas, así como a dos permisos para as queimas forestais.

De cara a esta tempada de alto risco, a Consellería do Medio Rural lembra que existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: o 900 815 085. A Xunta pide a colaboración da sociedade denunciando este tipo de accións, a través do teléfono ou directamente ante as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

A maiores, o Goberno galego lembra que tamén está a disposición da cidadanía o servizo gratuíto 085, ao que se debe chamar no caso de detectar un incendio forestal. Failles tamén unha chamada a todas as persoas que se acheguen ao monte nestas datas para que extremen as precaucións e eviten calquera práctica que implique risco de lume.


Publicado en Medio Ambiente
Visto 834 veces