fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 05 Xuño 2020 12:21

Día mundial do medio ambiente

Día mundial do medio ambiente

Dende o 5 de xuño de 1974 celébrase o día mundial do medio ambiente. O eslogan elixido neste ano polas Nacións Unidas para conmemorar tal día é "a hora da natureza" no que se pide ós cidadáns que escoiten os mensaxes que envía o planeta Terra. 

No momento actual que nos toca vivir, debido á pandemia do coronavirus, reclámase máis que nunca que a recuperación trala crise sexa verde e non hipoteque o futuro das seguintes xeracións. 

Por isto , o concello de Soutomaior recórdalle á súa veciñanza que as luvas e mascarillas, materiais que aumentaron exponencialmente nestes días, sexan do material que sexa, deben depositarse no contedor xenérico tralo seu uso.


Publicado en Medio Ambiente
Visto 749 veces