fbpx
Imprimir esta páxina
Luns, 04 Mai 2020 12:39

Cambio nas condicións de mobilidade ás hortas de autoconsumo

Cambio nas condicións de mobilidade ás hortas de autoconsumo

Unha nova orden do Goberno español publicada o venres 1 de maio no Boletín Oficial del  Estado (BOE) permite ós agricultores que non teñen carné como tal, coidar e recolectar as hortalizas das súas hortas para autoconsumo. A condición é que estén no concello no que viven ou no do lado. Só no caso de aqueles para os que eses alimentos sexan imprescindibles se lles permitirá desprazarse máis alá do municipio colindante. Esta nova orden prevalece sobre a anterior decretada pola Xunta de Galicia que permitía acudir ás hortas de autoconsumo se estas se situaban no mesmo concello de residencia ou, se se atopaba noutro concello, que estivera a 5 quilómetros da vivenda do veciño.


 


Publicado en Medio Ambiente
Visto 816 veces