A partir do martes 3 de marzo de 2020, o punto limpo móbil do concello de Soutomaior situarase nas inmediacións da escola de educación infantil de Romariz para prestar o servizo de recollida daqueles residuos xerados nos fogares que non se poden depositar nos contedores habituais das rúas.
Cómpre sinalar que este servizo foi posible grazas á concesión dunha axuda dos fondos FEDER 2014-2020 para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal.
Os veciños que empreguen o punto limpo móbil deben depositar os residuos nas bocas de aporte correspondente , indicando que a roupa debe ser introducida en bolsas e nunca como prendas soltas.
Con este servizo, o Concello quere concienciar á veciñanza sobre a necesidade dunha boa separación de tódolos residuos domésticos para que os índices de reciclaxe do concello aumenten e así cumprir coa lexislación correspondente.