fbpx
Imprimir esta páxina
Luns, 30 Decembro 2019 10:22

Valor dos insectos para o medio ambiente “ Bicheando”

Valor dos insectos para o medio ambiente “ Bicheando”

Máis de 30 nenos e nenas do Concello de Soutomaior participaron esta semana nas xornadas de concienciación ambiental.

 A iniciativa incluía actividades e xogos adaptados a todos os grupos de idade para poñer en valor os beneficios e a importancia dos insectos e os pequenos animais para o medio ambiente.

Baixo o nome de “ Bicheando”, estas xornadas teñen como obxectivo presentar aos pequenos os beneficios dos insectos para o chan, así como a necesidade de preservalos evitando o uso de pesticidas. Para os máis pequenos organizouse un contacontos titulado “ Pepiña Maruxiña quere voar” e varias actividades e xogos. Mentres, os maiores construíron no horto ecolóxico municipal o seu propio hotel ao que chamaron “ Bichiña d- or, cidade de vacacións para bichos”, unha actividade na que aprenderon de maneira práctica a distinguir varias especies de insectos, o seu hábitat e a súa importancia para a saúde do substrato vexetal dunha horta.

A iniciativa tamén inclúe un taller práctico de agasallos que se realizará este luns e que ten como obxectivo ensinar aos pequenos que os agasallos non sempre deben ser algo material e que existen máis opcións que as que nos ofrece a publicidade.


Publicado en Medio Ambiente
Visto 730 veces