fbpx
Imprimir esta páxina
Luns, 25 Novembro 2019 13:49

Posto Informativo sobre compostaxe.

Posto Informativo sobre compostaxe.

Alameda Talo Río – Martes 26 de Novembro de 10 a 13 horas.

A compostaxe é a maneira de converter os biorresiduos –que supoñen o 53 % da bolsa do lixo municipal nun produto fertilizante.

Consiste nun proceso aerobio (con aire) e termófilo (con aumento de temperatura) no que están implicados organismos e microorganismos naturais e no que é necesario mesturar residuos de cociña e xardín con restos leñosos e secos de podas, serraduras e follas, para producir unha emenda de elevada calidade: o compost.

Por cada 100 quilos de materia orgánica obtéñense uns 10 quilos de compost cribado.

Para coñecer máis sobre a compostaxe, participar en xogos e recibir agasallos haberá un posto informativo na Alameda de Talo Río, coincidindo coa feira local, onde estarán as mestras composteiras do Plan Revitaliza posto en marcha pola Deputación de Pontevedra e o Concello de Soutomaior


Publicado en Medio Ambiente
Visto 679 veces