fbpx
Imprimir esta páxina
Xoves, 21 Novembro 2019 13:50

Estudo fitosanitario das árbores da carballeira do Peirao de Arcade

Estudo fitosanitario das árbores da carballeira do Peirao de Arcade

Os últimos temporais han pasado factura á carballeira do Peirao de Arcade provocando o desprendemento de varias ramas. Por iso, e tras pechar o acceso á zona por motivos de seguridade, o Concello de Soutomaior solicitou á estación fitosanitaria de Areeiro un estudo para coñecer o estado de saúde das árbores e poder abordar as posibles solucións.

Os técnicos da estación fitosanitaria xunto con técnicos municipais revisaron a carballeira para realizar unha primeira inspección. Nela realizouse unha avaliación visual sobre o estado de saúde das árbores e tomáronse mostras para a súa análise no laboratorio da estación fitosanitaria.

Do mesmo xeito levará a cabo un diagnóstico do estado interno da madeira mediante unha tomografía sónica e un resistógrafo. Este estudo require que a madeira estea completamente seca para que sexa efectivo, polo que esta segunda fase atrasarase ata que deixe de chover durante varios días.

Trátase dunha das zonas recreativas máis visitadas por iso o Concello de Soutomaior necesita saber se as árbores están sans e son seguros antes de reabrir a carballeira.


Publicado en Medio Ambiente
Visto 901 veces