fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 24 Mai 2019 10:58

Convenio de colaboración entre o Concello de Soutomaior e a Confraría de Arcade

Convenio de colaboración entre o Concello de Soutomaior e a Confraría de Arcade

 O Concello de Soutomaior e a Confraría de Arcade, representados polo alcalde, Agustín Reguera, e o patrón maior, Alberto Cal, asinaron o convenio de colaboración para a subvención de compra de semente de ameixa para iso o goberno local destina 15.000 euros para axudar ao sector marisqueiro.

O acordo pretende aliviar a situación do sector para afrontar a campaña de sementa.

Co acordo en vigor, a confraría remitirao agora ao resto de municipios da ría de Vigo para solicitar o seu apoio xa que moitos dos mariñeiros dos barcos de marisqueo proveñen doutros municipios.

No Concello de Soutomaior, directa ou indirectamente, unhas de 200 familias viven do marisqueo.

Con esta medida, espérase que o sector marisqueiro poida facer fronte á nova campaña de sementado de semente de ameixa nos bancos marisqueiros de Arcade e recobre a normalidade tras uns anos problemáticos debido á inestabilidade meteorolóxica e a variabilidade actual nas épocas de choiva.


Publicado en Medio Ambiente
Visto 957 veces