fbpx
Imprimir esta páxina
Xoves, 25 Abril 2019 10:55

Carpas Ambientais

Carpas Ambientais

A concellería de medio ambiente do Concello de Soutomaior con motivo da celebración da habitual Feira de Arcade de mañá venres día 26 na Alameda de Talo Río pon en marcha dúas carpas informativas.

A primeira entra dentro do programa “Separar con xeito para reciclar a feito” .

Esta campaña, organizada por Ecoembes e a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Soutomaior, busca fomentar nacidadanía as boas prácticas no tratamento dos residuos como oportunidade para acadar os beneficios ambientais e económicos derivados da correcta separación e reciclaxe.

Na segunda caseta estará a “mesa ambiental” onde se busca mellorar o medio ambiente desde distintas posicións e poñerase a disposición dos que o visiten as ferramentas necesarias para colaborar na mellora neste ámbito do noso Concello.

 Ata esgotar existencias repartiranse: kit caninos, bolsas de compra reutilizables, compost e maceteros con sementes.

A defensa e protección do medio ambiente é un dos aspectos fundamentais que hoxe día preocupa ao Concello de Soutomaior a todos os niveis polo que, este tipo de campañas, axudarán a mellorar a nosa contorna.


Publicado en Medio Ambiente
Visto 1246 veces