fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 22 Marzo 2019 10:43

Campaña redución do uso de bolsas plásticas - Desembólsate

Campaña redución do uso de bolsas plásticas - Desembólsate

O Concello de Soutomaior, por medio da concellería de medio ambiente,  está  a entregar nos distintos comercios de alimentación do Concello ,para repartir aos consumidores, as bolsas de polietileno correspondentes á súa campaña de concienciación sobre a necesidade de reducir o uso de bolsas de plástico entre os seus veciño/as.

 Para iso repartiranse 1500 bolsas da compra que os vecinos/as poderán recoller nos centros indicados ou ben nas oficinas do Concello ata o final de existencias

A iniciativa ten como obxectivo o facilitar a transición dos vecinos/as no proceso de cumprimento da directiva europea que obriga aos establecementos comerciais a tomar medidas para frear o uso de bolsas de plástico entre os seus clientes, e que finalizará en 2021 coa prohibición das bolsas de plástico lixeiras.

Con esta campaña téntase previr e tentar reducir tanto o impacto da nova normativa como o impacto ambiental desta clase de plásticos cambiando pequenos hábitos, como o de coller unha bolsa na casa cando se sae a facer a compra.


Publicado en Medio Ambiente
Visto 1212 veces