fbpx
Imprimir esta páxina
Mércores, 20 Febreiro 2019 09:50

Campaña redución bolsas de plástico

Campaña redución bolsas de plástico

O Concello de Soutomaior acaba de presentar a súa campaña de concienciación sobre a necesidade de reducir o uso de bolsas de plástico entre os seus veciños.

 Para iso repartiranse 1500 bolsas da compra de polietileno que os veciños poderán recoller nos centros municipais e en diversos supermercados.

A iniciativa ten como obxectivo o facilitar a transición dos veciños no proceso de cumprimento da directiva europea que obriga aos establecementos comerciais a tomar medidas para frear o uso de bolsas de plástico entre os seus clientes, e que previsiblemente finalizará en 2021 coa prohibición das bolsas de plástico lixeiras.

Con esta campaña téntase previr e tentar reducir tanto o impacto da nova normativa como o impacto ambiental desta clase de plásticos cambiando pequenos hábitos, como o de coller unha bolsa na casa cando se sae a facer a compra


Publicado en Medio Ambiente
Visto 1245 veces