fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 15 Xuño 2018 10:52

Permisos para as fogueiras do San Xoán 2018

Permisos para as fogueiras do San Xoán 2018

Con motivo da celebración da festa do San Xoán na noite do sábado día 23 de xuño, o Concello de Soutomaior informa que todos aqueles veciños e entidades que desexen realizar unha fogueira ou cacharela, necesitarán unha autorización municipal, co obxeto de garantir unha maior seguridade durante o evento.

As solicitudes pódense recoller no Rexistro Xeral do Concello para a súa posterior entrega, lembrándolles que o prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o día 21 de xuño ás 12,00 horas.


Publicado en Medio Ambiente
Visto 1422 veces