fbpx
Imprimir esta páxina
Venres, 18 Mai 2018 12:19

Campaña Limpeza praias

Campaña Limpeza praias

As praias do Concello de Soutomaior xa están preparadas para o verán. Durante as últimas semanas o Concello estivo traballando no mantemento dos catro principais areais do municipio para a chegada do bo tempo. Os traballos centráronse na adecuación da area existente  e un intensivo programa de limpeza en todos os areais do municipio.

Tras un duro inverno que azoutou Galicia durante meses, as praias do Concello de Soutomaior xa están preparadas para o período vacacional. Cunha campaña de limpeza, operarios do Concello de Soutomaior, retiraron esta semana os restos e sedimentos depositados polo mar durante o inverno. Principalmente restos de artes de pesca rotos, latas, bolsas e gran cantidade de residuos vexetais, algas e anacos de madeira.

Na canle do río Verdugo, onde se asintan as praias fluviais da Xunqueira e Veiguiña Longa, a brigada municipal procedeu á recollida do material orgánico arrastrado polo río durante as abundantes choivas dos últimos meses e que impedía gozar do contorno. Ademais, para garantir a comodidade das praias durante o verán, enchéronse os areais con nova area de río. Unha medida que pretende compensar as grandes cantidades de area que as choivas e ventos deste inverno arrastraron das praias.

Estas actuacións inciden na calidade de vida da comunidade, e súmanse ás xa realizadas anteriormente como as melloras na seguridade viaria na estrada de Comboa, os accesos a Veiguiña Longa ou a humanización do contorno do Peirao de Arcade .


Publicado en Medio Ambiente
Visto 1611 veces