fbpx
Imprimir esta páxina
Mércores, 09 Mai 2018 12:52

Limpeza de terreos e protección contra incendios forestais

Limpeza de terreos e protección contra incendios forestais

Os/as propietarios/as, arrendatarios/as ou usufructuarios/as de parcelas que se atopen dentro dos núcleos de poboación ou próximas a calquera vivenda, TEÑEN A OBRIGA DE MANTELAS LIMPAS de herbas, rastroxos, maleza, lixo, etc..para evitar deste xeito o risco de incendios forestais.

Nun perímetro de 50 metros, arredor dos núcleos de poboación, ou de calquera vivenda illada, deberase manter o terreo perfectamente limpo libre de vexetación seca e coa masa árborea aclarada, tal como establece o artigo 21 da Lei 3/2007 de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia.

Estos traballos deberán estar executados, antes de que remate o día 31 de maio de cada ano.

Nesta franxa de térreo non permite a existencia das seguintes espécies arbóreas:

-Pino galego, pino do país, pino silvestre, pino de Monterrei, pino de Oregón, mimosa, acácia negra, eucalipto, brecina, carqueixa, retama, brezo retama, toxos, silvas e fentos.

Os titulares de fincas que non se atopen limpas, serán RESPONSABLES TANTO CIVIL COMO PENALMENTE, POLOS POSIBLES DANOS QUE SE POIDAN OCASIONAR tanto a persoas ou bens, como consecuencia de incendios forestais nos que a súa orixe sexa a falta de coidado debido das parcelas, sen prexuízo das sancións que se poidan impoñer de conformidade coa lexislación vixente.

 

 Ordenanzas

 


Publicado en Medio Ambiente
Descargar adjuntos:

18-bando-limpeza-de-terreos.pdf (279 Descargas)
Visto 1805 veces