Xoves, 25 Mai 2017 12:42

Xornada Seguridade Vial "Faite ver"

Xornada Seguridade Vial "Faite ver"

O vindeiro venres 2 de xuño terá lugar unha xornada de seguridade viaria dentro da  campaña “Faite Ver”, de mellora de seguridade viaria, e que é posible grazas á colaboración conxunta da Consellería de Medio Ambiente, a DXT e o Concello de Soutomaior. Nesta ocasión os esforzos centraranse fundamentalmente no que incumbe á seguridade dos peóns.

A primeira das charlas será na Casa da Cultura de Soutomaior ás 19,45 horas e o mesmo día ás 21,00 horas no Multiusos de Arcade.

 Ademais da explicación dos contidos didácticos, duns 40 minutos de duración, a actividade complementarase coa entrega a cada participante dun chaleco reflector.

Este tipo de campañas, que, aínda que orientadas a todo tipo de usuarios, fai especial fincapé nas persoas da terceira idade pertencentes ao rural.

Desde o Concello de Soutomaior o obxectivo será contribuír a erradicar a sinistralidade nas nosas estradas, e sobre todo, evitar os accidentes en que se vexan involucrados peóns. 


Publicado en Tráfico e Seguridade
Visto 3747 veces


Tráfico e Seguridade Vial

Inspección técnica de vehículos agrícolas.

05-08-2019 / Tráfico e Seguridade

A Unidade Móbil de inspección técnica de vehiculas agrícolas desplazarase ao Concello de Soutomaior o xoves  26 de setembro xunto o Campo de Fútbol de Salgueirón en Arcade. O horario será de 9,00 a 13,30 horas. Para solicitar cita previa: Por teléfono: 902 30 90 00 A través da páxina web: www.sycitv-Cita previa. A admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de...