Luns, 22 Febreiro 2021 12:04

Exención do canon da auga aos establecementos de restauración e ocio

Exención do canon da auga aos establecementos de restauración e ocio

A Xunta publica no DOG o modelo de solicitude para a exención do canon da auga e coeficiente de vertido aos establecementos de restauración e ocio afectados na súa actividade pola covid-19

A resolución recolle os requisitos para a tramitación destas exencións, previa solicitude dos interesados

Poden acollerse a esta medida de apoio da Xunta os restaurantes, salóns de banquetes, cafeterías e bares, salas de festas, discotecas, pubs, cafés espectáculo, furanchos hoteis e aloxamentos turísticos, balnearios e os albergues turísticos

A disposición aplícase a todos os establecementos que teñan diminuído a súa actividade, establecendo un consumo da auga igual ou inferior ao 25% do consumo realizado no período de facturación inmediatamente anterior ao 5 de novembro

Tamén accederán ás exencións cando se acredite unha diminución da actividade nos rexistros de aloxamentos, dos servizos efectivamente realizados ou do consumo eléctrico de, polo menos, o 75%

As exencións aos consumos de auga aplicarase aos períodos de facturación comprendidos entre o 5 de novembro de 2020 e ata a data na que se levante a declaración de situación de emerxencia sanitaria de interese galego


Publicado en Comercio
Visto 215 veces

Concellería de Comercio

2º Plan de rescate dirixidas a negocios hostaleiros e outras actividades pechadas pola covid-19

23-02-2021 / Comercio

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria da nova liña de axudas directas ao sector da hostalaría e outras actividades pechadas polas medidas sanitarias adoptadas desde xaneiro, coa que se completa a activación íntegra do 2º Plan de rescate da Xunta, dotado en total con 75 millóns de euros. As axudas concederanse por establecemento e suporán contías que...

Exención do canon da auga aos establecem…

22-02-2021 / Comercio

A Xunta publica no DOG o modelo de solicitude para a exención do canon da auga e coeficiente de vertido aos establecementos de restauración e ocio afectados na súa actividade pola covid-19 A resolución recolle os requisitos para a tramitación destas exencións, previa solicitude dos interesados Poden acollerse a esta medida de apoio da Xunta os restaurantes, salóns de banquetes, cafeterías e...