Martes, 28 Mai 2019 10:43

Obras no Multiusos de Arcade

Obras no Multiusos de Arcade

Dado o mal estado dos chans de madeira do vestíbulo de entrada e do salón de actos froito do paso do tempo e das filtracións provenientes da cuberta, procederase á substitución das pezas en deterioración, lixado e acoitelado do chan e posterior vernizado con tres mans de verniz ao poliuretano.

Previa reparación da cuberta, procederase á reparación do falso teito de escaiola do vestíbulo e dos teitos baixo a cuberta da zona sur.

Posteriormente realizarase o emplastecido dos teitos e remataranse con dúas mans de pintura plástica lisa de cor branca.

Na zona do escenario, previo lixado e saneado da pintura existente procederase ao pintado con pintura epoxi cor negra.

Na cuberta actuarase nas cubertas de zinc da zona do vestíbulo e da fachada norte, para mediante aplicación de selaxes con polímeros específicos nas xuntas de unión, previo desmonte e substitución das mesmas, garantir a estanqueidad da cuberta.

O prazo de execución das obras se execución fíxase en 30 días.

 


Publicado en Vias e Obras


Concellería de Vías e Obras
Casa do Concello

Obras no Multiusos de Arcade

28-05-2019 / Vias e Obras

Dado o mal estado dos chans de madeira do vestíbulo de entrada e do salón de actos froito do paso do tempo e das filtracións provenientes da cuberta, procederase á substitución das pezas en deterioración, lixado e acoitelado do chan e posterior vernizado con tres mans de verniz ao poliuretano. Previa reparación da cuberta, procederase á reparación do falso teito de...