Martes, 15 Xaneiro 2019 13:42

Recuperación do lavadoiro do Rial

Recuperación do lavadoiro do Rial

 O Concello de Soutomaior acaba de iniciar os traballos de restauración o lavadoiro do barrio dO Rial.

 A actuación, enmarcada no Programa Municipal de Recuperación de Patrimonio, ten como obxectivo recuperar antigas zonas de uso colectivo, como as fontes e lavadoiros, para darlles unha nova vida.

Os primeiros traballos centráronse na retirada da antiga cuberta de cemento e ladrillo para poder comezar as tarefas de limpeza e rexuntado de toda a mampostería perimetral para garantir a súa estabilidade e estado de conservación. Ademais, recuperarase por completo a zona da balsa de auga e o chan de todo o recinto cun solado de pedra granítica de 3 cm.

A continuación, instalarase a nova cuberta, realizada con madeira de abeto para a base e con tella cerámica plana na superficie. Do mesmo xeito, dotarase ao conxunto de diversos elementos de seguridade, un banco de pedra e instalación eléctrica para alimentar a nova pantalla led de baixo consumo de 57 w e os diferentes puntos de luz.

Os traballos serán financiados a través do Plan Concellos


Publicado en Vias e Obras


Concellería de Vías e Obras
Casa do Concello

Obras no Multiusos de Arcade

28-05-2019 / Vias e Obras

Dado o mal estado dos chans de madeira do vestíbulo de entrada e do salón de actos froito do paso do tempo e das filtracións provenientes da cuberta, procederase á substitución das pezas en deterioración, lixado e acoitelado do chan e posterior vernizado con tres mans de verniz ao poliuretano. Previa reparación da cuberta, procederase á reparación do falso teito de...