Martes, 02 Outubro 2018 12:25

Mellora nos accesos de Arcade de Arriba

O Concello de Soutomaior comezou hai uns días os traballos de mellora nos accesos ao barrio de Arcade de Arriba. A actuación, que será financiada con fondos municipais procedentes do remanente do exercicio anterior, servirá para instalar máis de 3.400 metros cadrados de nova calzada e incluirá a instalación dunha senda peonil de dous metros de ancho na marxe esquerda da vía e dous carrís de tres metros para o tráfico rodado.

Os traballos nos accesos de Arcade de Arriba inclúen varias melloras. En primeiro lugar, ampliarase a calzada actual ata alcanzar unha anchura mínima de 8 metros. Para iso, xa se están construíndo novos muros de contención de mampostería sobre os que máis tarde se asentará a nova senda peonil de 427 metros de longo e dous de ancho.

Do mesmo xeito, os carrís para o tráfico rodado ampliaranse ata os tres metros de ancho, evitando así os tradicionais problemas desta vía cando dous vehículos atopábanse, e instalarase o novo firme coa súa correspondente sinalización horizontal. Tamén se reformarán os portais e entradas ás leiras e vivendas cuxo plano quede baixo o da nova calzada adaptándoos ao novo acceso. Por último, repoñeranse todas as tapas de rexistro ao novo nivel e a canle de rega existente.

En total a reforma, que comprende o tramo desde o CEIP Padín Truiteiro ata as primeiras vivendas do barrio, instalará máis de 3400 metros cadrados de nova calzada, máis de 2500 para o tráfico rodado e case 900 para os ciclistas e peóns.

O orzamento dos traballos ascende a 126.000 euros que serán financiados na súa totalidade polo Concello de Soutomaior.


Publicado en Vias e Obras


Concellería de Vías e Obras
Casa do Concello

Mellora nos accesos de Arcade de Arriba

02-10-2018 / Vias e Obras

O Concello de Soutomaior comezou hai uns días os traballos de mellora nos accesos ao barrio de Arcade de Arriba. A actuación, que será financiada con fondos municipais procedentes do remanente do exercicio anterior, servirá para instalar máis de 3.400 metros cadrados de nova calzada e incluirá a instalación dunha senda peonil de dous metros de ancho na marxe esquerda...