Venres, 02 Marzo 2018 13:23

Recuperación do lavadoiro da Montesiña

Recuperación do lavadoiro da Montesiña

O Concello de Soutomaior acaba de finalizar os traballos que estaba a levar a cabo no lavadoiro do barrio da Montesiña.

A actuación está enmarcada no Programa Municipal de Recuperación do Patrimonio e ten como obxectivo recuperar antigas zonas de uso colectivo, como as fontes e lavadoiros, para darlles unha nova vida.

Estes puntos servían tradicionalmente como lugar de encontro entre os veciñ@s, nos que ademais de lavar a roupa compartíanse experiencias e fortalecíase a comunidade. Para manter viva a esencia destes lugares, o lavadoiro recuperouse con materiais nobres e autóctonos, como o granito e a madeira, para garantir a súa integración no contorno.

Ademais de dar unha nova cara a todo o conxunto mediante unha limpeza e rexuntado de toda a mampostería perimetral, o chan de todo o recinto renovouse ao completo cun solado de pedra graníticade 3cm de espesor sobre o que se instalaron os elementos de seguridade, como varandas e unha nova cancela abatible que peche o conxunto. Do mesmo xeito, construíuse unha nova cuberta de tella cerámica tradicional e recuperouse por completo a zona da balsa de auga cun chapado de pedra.

Por último, tamén se renovou a instalación eléctrica de todo o conxunto mediante unha rede protexida e estanca que alimenta a nova pantalla ledde baixo consumo de 57 w.




Concellería de Medio Ambiente
Casa do Concello

Vía Verde - Marcha pola mobilidade sostible e verde.

07-09-2018 / Urbanismo e Medio Ambiente

Vía Verde - Marcha pola mobilidade sostible e verde. Domingo 16 de setembro Con motivo da Semana Europea da Mobilidade, A Golpe de Pedal e Pedaladas organizan unha marcha-manifestación en bicicleta para demandar a recuperación das vías do tren fora de uso e crear unha vía verde ciclista e peonil entre Arcade e Pontevedra. De Pontevedra saída ás 10:00 para estar ás 11:30...