Domingo, 10 Decembro 2017 13:36

O nivel de alerta para Galicia sube a VERMELLO

O nivel de alerta para Galicia sube a VERMELLO

VENTO:Acadaránse refachos de 140 km/h (NIVEL VERMELLO) que afectaran a totalidade da p rovincia de PONTEVEDRA e as zonas de montaña de LUGO e OURENSE a partir da metade da tarde do domingo día 10. Acadaranse refachos máximos de 120 Km/h (NIVEL LARANXA) en toda a COMUNIDADE AUTONOMA que se iniciarán xa desde a mañán do día 10 na zona de Valdeorras en OURENSE e Miño e Rías Baixas en PON TEVEDRA, comenzando a primeiras horas da tarde no resto da Comunidade Autónoma.

CHOIVA:A partir de primeiras horas da mañán do domindo día 10, espéranse precipitacións acu muladas que poderan superar os 30 l/m2 nunha hora e os 90 l/m2 en 12 horas na provincia de PONTEVEDRA (NIVEL L ARANXA). Na provincia de OURENSE e nas zonas Sur e Montaña de LUGO a precipitación acumulada en 12 h oras poderá acadar valores superiores aos 90 l/m2 (NIVEL LARANXA) e de 25 l/m2 nunha hora. No resto da Comunidade Autónoma espéranse valores de precipitación acumulada de 20 l/m2 nunha hora e de 40 l/m2 en 12 horas a partir de primeiras horas do domingo día 10 (NIVEL AMARELO).

Esperase que este fenómeno adverso vaia remitindo ao longo madrugada do luns día 11/12/2017

POLO QUE A DIRECCIÓN XERAL DE EMERXENCIAS E INTERIOR COMUNÍCALLES, QUE, EN PREVISIÓN DESTES FEITOS:Adopten as medidas preventiv as necesarias ante as citadas predicións meteorolóxicas e no seu caso ALERTEN ou MOBILICEN ós medios e recursos dispoñibles

Ante calquera emerxencia chame ó 112




Concellería de Medio Ambiente
Casa do Concello

Día mundial do medio ambiente “Composteiros”

05-06-2019 / Urbanismo e Medio Ambiente

O concello de Soutomaior recibiu unha partida dende a Deputación de Pontevedra de 30 composteiros individuais xunto con outros tantos aireadores para poder remexer no interior dos mesmos. Estes novos composteiros únense ós máis de 60 xa repartidos dende comezo de ano dende o concello polo mestre composteiro ó cargo para xestionar os biorresiduos xerados nos fogares que dispoñan de horta...