Mércores, 21 Decembro 2016 13:50

Charla sobre aforro enerxético

Charla sobre aforro enerxético

O Multiusos de Arcade acollerá este venres unha xornada informativa a cargo de técnicos do Instituto Enerxético de Galicia. Baixo o título “Dálle luz á ti factura”, esta iniciativa pretende achegar información á poboación para entender mellor a súa factura pola enerxía eléctrica, así como dar ferramentas para reducila ata nun 75%. A charla dará comezo ás 18:45 horas.

dalle luz a túa factura

A campaña ten como obxectivo facilitar a comprensión do recibo eléctrico por parte dos veciños ademais de axudarlles a reducir o seu gasto centrando a súa atención en varios aspectos básicos como o tipo de contrato do fogar, a potencia contratada, a eficiencia do fogar e os aparellos eléctricos ou valorar a discriminación horaria.

Do mesmo xeito, a xornada pretende dar a coñecer entre os asistentes varios dereitos como consumidores eléctricos que normalmente son pouco coñecidos e achegarase información sobre como realizar diversos trámites ou presentar reclamacións ante as compañías eléctricas.

Un dos principais puntos a tratar durante a charla será a protección dos consumidores máis vulnerables, para os que explicarán medidas como o tícket eléctrico social, medida orientada a evitar o corte de subministración por falta de pagamento, ou o Plan de aforro e eficiencia enerxética nas vivendas galegas, dirixido a mellorar as infraestruturas e o uso de fontes de enerxía renovables.




Concellería de Medio Ambiente
Casa do Concello

Plan de Mobilidade Sustentable.

31-01-2019 / Urbanismo e Medio Ambiente

O Concello de Soutomaior inicia a redacción do Plan de Mobilidade Sustentable.  Para poder coñecer as demandas e propostas das persoas residentes no termo municipal, ponse en en marcha un cuestionario online de carácter anónimo ao que se pode acceder a través da seguinte ligazón: http://www.plandemobilidade.com/soutomaior Desde o Concello de Soutomaior agradecemos a túa colaboración.