Venres, 08 Xullo 2016 13:33

Posta en marcha do parque canino

Posta en marcha do parque canino

Mañá sábado día 9 a partir das 21,00 horas o Concello de Soutomaior poñerá en funcionamento o primeiro parque canino e circuíto agility para cans en Arcade.

Isto vai supoñer un importante salto cualitativo para o municipio, tanto para os donos de mascotas como para a colectividade.

A instalación, situada nun das marxes da estrada N-550 encima do túnel do AVE conta cunha extensión de 900 metros cadrados.

Á parte de lograr un espazo de benestar para os cans, o circuíto tamén contempla un servizo para deposiciones e un bebedoiro, tamén para ir logrando unha conciencia colectiva sobre os donos de mascotas no respecto doutras zonas comúns que, de forma incívica, son usadas para que os cans fagan as súas necesidades.

Este novo circuíto destinado ao lecer dos cans durante o seu percorrido ten ancorados varios aparellos de ximnasia para que as mascotas poidas exercitarse neste circuíto lúdico

Como complemento a esta posta en funcionamento do parque terá lugar unha exhibición canina onde se poderá ver a distintos cans superar os obstáculos lúdicos do espazo canino




Concellería de Medio Ambiente
Casa do Concello

Día mundial do medio ambiente “Composteiros”

05-06-2019 / Urbanismo e Medio Ambiente

O concello de Soutomaior recibiu unha partida dende a Deputación de Pontevedra de 30 composteiros individuais xunto con outros tantos aireadores para poder remexer no interior dos mesmos. Estes novos composteiros únense ós máis de 60 xa repartidos dende comezo de ano dende o concello polo mestre composteiro ó cargo para xestionar os biorresiduos xerados nos fogares que dispoñan de horta...