Mércores, 29 Agosto 2018 12:08

Vespa velutina

Vespa velutina

Sensibilizada co sector, cos seus retos e problemas a Consellería do Medio Rural puxo en marcha, en colaboración con outros departamentos da administración autonómica e local así como con representantes do sector apícola o Programa de Vixilancia e control da Vespa Velutina en Galicia, no que tamén intervén a cidadanía en xeral no ámbito da detección de individuos ou de niños desta vespa.

Con este programa preténdese dar unha resposta rápida e eficaz á aparición deste insecto invasor que ameaza as colmeas poñendo en perigo o futuro da produción apícola e mermando o importante papel polinizador que teñen as abellas.

Calquera persoa que detecte un niño destas vespas pode comunícalo aos teléfonos 012 ou 112 onde o persoal adscrito ao programa realizará as actuacións precisas co fin de retirar ou neutralizar o niño.




Concellería de Medio Ambiente
Casa do Concello

Campaña conto contigo – Información para donos de cans

22-03-2019 / Urbanismo e Medio Ambiente

Ter una mascota na casa é sempre un motvo de ledicia pero unha das cousas que as nosas mascotas non poder facer e recoller os seus excrementos cando saen á rúa. Por iso é necesario concienciarse xa que é pouco esforzo e unha cuestión de hábito. Desta maneira mellórase a convivencia entre veciños/ as evitando problemas. Para facilitar este labor cívico o Concello...