Xoves, 30 Novembro 2017 09:46

Campaña de apoio comercio Local

Campaña de apoio comercio Local

O Concello de Soutomaior repartirá 5.000 euros en cheques regalo durante a campaña

A iniciativa, na que participarán máis de 80 establecementos do municipio, comezará este venres.


O encendido  das luces de nadal ( martes 5 de decembro) espérase animen esta campaña.

O Concello de Soutomaior prepara unha campaña do Nadal de apoio ao comercio local sen precedentes. A partir do próximo venres, 1 de decembro, e ata o día 26, todas as compras realizadas nos máis de 80 comercios de todo o municipio, adheridos á iniciativa, entrarán no sorteo de 100 cheques regalo por valor de 50 euros cada un.

O obxectivo desta iniciativa é a de promocionar o consumo en negocios locais durante unha das épocas de maior gasto do ano, o nadal. Desta maneira “buscamos concienciar aos veciños sobre o positivo que é para todo o municipio realizar as súas compras en negocios locais e que desa maneira hai máis veciños que se beneficien.”, explicou o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera. O sorteo realizarase o día 27 de decembro, ás 20:30 horas, no Multiusos de Arcade e os cheques entregaranse dous días máis tarde, o 29 de decembro, á mesma hora e no mesmo lugar. Os cheques só se poderán trocar nos establecementos adheridos á campaña. 


Visto 1212 veces

Concellería de Novas Tecnoloxías
e Comercio

Casa do Concello

Campaña promoción comercio local – Entrega de cheques regalo

03-01-2019 / Novas Tecnoloxías e Comercio

O Concello de Soutomaior pechou a pasada semana a súa campaña do Nadal de apoio ao comercio local coa entrega dos 100 cheques regalo, por valor de 5.000 euros, que se sortearon entre todas as compras realizadas nos establecementos do municipio entre o 30 de novembro e o 24 de decembro. Os cheques regalo poderanse trocar nos establecementos adheridos á campaña...