Venres, 04 Decembro 2015 10:08

Apoiando o comercio local

Apoiando o comercio local

APOIANDO O COMERCIO LOCAL

O tradicional aceso da iluminación do Nadal ten un dobre significado este ano no Concello de Soutomaior.

Ademais de anunciar o comezo das actividades festivas municipais, nesta ocasión, sinala tamén o comezo dunha campaña de apoio ao comercio local impulsada polo Concello.

Unha iniciativa que pretende reforzar o impulso que a iluminación do Nadal supón para o pequeno comercio.

Ademais de embelecer as nosas rúas, a iluminación do Nadal reforza a actividade comercial. “A intención é concentrar ese impulso no pequeno comercio local, que é a base da economía municipal”, afirmou o alcalde, Agustín Reguera, tras o próximo aceso da árbore de nadal municipal instalado na alameda Talo Río en Arcade.

A iniciativa xa repartiu centos de carteis para concienciar aos veciños polos establecementos comerciais de Arcade e Soutomaior co slogan “Compra no comercio local. Beneficiaches ti, Beneficiámonos todos”, e distribuirá durante os próximos días máis de 2500 bolsas de tea co mesmo texto para facer chegar a todos os veciños os beneficios que leva realizar as compras diarias nos pequenos locais comerciais do municipio.

As bolsas entregadas son reutilizables para fomentar condutas ecolóxicas nos hábitos de comercio e o abandono das tradicionais bolsas de plástico por parte da poboación.



Concellería de Novas Tecnoloxías
e Comercio

Casa do Concello

1ª Feira Ecolóxica e Artesanal

14-06-2018 / Novas Tecnoloxías e Comercio

O Concello de Soutomaior pon en marcha a súa primeira Feira ecolóxica e artesanal que terá lugar no Peirao de Arcade o vindeiro domingo 17 de Xuño a partir das 10,30 h. Este Mercado Eco-Artesanal e de proximidade ten como obxectivo a recuperación, dos mercados tradicionais como espazo de encontro da veciñanza. Un enclave perfecto tanto para comprar produtos naturais e...