Mércores, 19 Xuño 2019 12:20

Charla sobre a limpeza nas franxas de protección contra incendios

Charla sobre a limpeza nas franxas de protección contra incendios

 Mércores 19 de xuño ás 16,00 h. Casa do Concello

 O conselleiro de Medio Rural, José González, manterá hoxe un encontro cos veciños de Soutomaior para explicar as tarefas de limpeza que a Xunta levará a cabo nas franxas de protección que rodean os núcleos de poboación do municipio.

 A charla celebrarase no salón de actos da Casa do Concello de Soutomaior a partir das 16:00 horas.

Durante o encontro, González explicará aos veciños o convenio de protección dos núcleos de poboación que a Xunta subscribiu coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e coa empresa pública Seaga para garantir o adecuado mantemento das parcelas situadas nas franxas de protección contra os incendios forestais.

Debido á actividade incendiaria, e outros criterios como a virulencia dos lumes ou a superficie afectada, Soutomaior é un dos municipios priorizados neste convenio, polo que se procederá á limpeza de máis de 300 hectáreas ao redor dos núcleos de poboación por un prezo de 350 euros por hectárea (35 euros por cada mil metros cadrados) sen ningún tipo de pago adicional por parte dos propietarios.


Publicado en Medio Ambiente
Visto 488 veces


Concellería de Medio Ambiente
Casa do Concello

Recuperación dos muíños de Daión

30-08-2019 / Medio Ambiente

O Concello de Soutomaior propúxose recuperar o seu patrimonio etnográfico para aproveitalo como un recurso turístico máis para o municipio. Así, o goberno local acaba de dirixir unha consulta a Deputación de Pontevedra para determinar se existe a posibilidade de expropiar un total de oito muíños tradicionais en estado de abandono. O Concello de Soutomaior está a levar a cabo...