Xoves, 08 Febreiro 2018 11:16

Obradoiro para mulleres: Relacións para un Bo Trato

Obradoiro para mulleres: Relacións para un Bo Trato

A Concelleria de Igualdade do Concello de Soutomaior, organiza por segundo ano consecutivo un obradoiro para mulleres de crecemento persoal e autocoñecemento como ferramenta para crear rede sociais e afectivas entre mulleres e fomentar as relacións de bo trato e sororidade.

Así mesmo, este tipo de obradoiros están enmarcadas dentro das acción de prevención da violencia de xénero, por ser contextos terapéuticos e sociais onde se fomentan recursos de autoprotección e autocoidado, precisos para estabrecer vínculos afectivos saudables.

O Obradoiro é totalmente gratuíto, e ten prazas limitadas.

ABERTO PRAZO DE INSCRICIÓNS. Inscricións: CIM 986 701 227.


Publicado en Igualdade


Concellería de Igualdade
CIM - Multiusos de Arcade

Os concellos de Soutomaior, Pazos de Borbén e Vilaboa renovan a súa colaboración contra a violencia machista

06-02-2019 / Igualdade

O tres edís renovaron hoxe o seu acordo antes da celebración da 6ª mesa de coordinación para a atención integral a vítimas da violencia de xénero Soutomaior. Este 31 de xaneiro de 2019 os alcaldes de Soutomaior, Agustín Reguera, Pazos de Borbén, Andrés Iglesias, e Vilaboa, José Luís Poceiro, certificaron a continuación da colaboración entre os tres municipios para a...