Luns, 27 Novembro 2017 12:38

Premio Concurso Escolar contra a violencia de xenero

Premio Concurso Escolar contra a violencia de xenero

David Alján obtivo o terceiro premio do Concurso Escolar de Relato e Debuxo contra a Violencia de Xénero

O certame, impulsado pola Subdelegación do goberno, estaba dirixido a alumnos a partir dos 12 anos e chegou a 130 centros de toda a provincia.

"Aquela violencia oculta tras a palabra `amor´ ía despoxándome dá súa disfrace coma pingas de auga baten na pedra ata furala…”, así comeza o relato “ Voa, alma, voa” de David Alján. O alumno do CPI PadínTruiteiro do Concello de Soutomaior que acaba de obter o terceiro premio do Concurso Escolar de Relato e Debuxo contra a violencia de xénero que impulsa a Subdelegación do Goberno en Pontevedra. O nome dos gañadores deuse a coñecer nun acto celebrado na sede da Fundación Abancaen Pontevedra e ao que asistiron diversas personalidades, entre as que se atopaba o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, que fixo entrega do premio ao seu  veciño.

A gala, presentada polos actores Luís Zaherae Pilar Castro, contou coa representación de todos os centros con alumnos galardoados, que tamén se verán beneficiados ao ter a maioría dos premios unha actividade de clase asociada. No caso de David, ademais do premio persoal polo seu relato, consistente en unha tablet, toda a súa clase terá a sorte de participar nunha visita guiada ao estadio de Balaidos por cortesía do R. C. Celta, un dos patrocinadores da iniciativa.

Durante a súa intervención ao recibir o premio, David Alján dedicou o premio a "Conchi e a toda a familia”, en referencia a unha vítima de violencia de xénero coa que o pequeno tiña relación. Pola súa banda, o alcalde de Soutomaior destacou ao finalizar o acto que “quedaría terceiro por motivos que eu non podo valorar, pero en calidade humana, David é todo un gañador. Un campión que, con poucas palabras, tocounos o corazón a todos”.


Publicado en Igualdade


Concellería de Igualdade
CIM - Multiusos de Arcade

Charla coloquio “Fagamo Orgullo”

27-05-2019 / Igualdade

Dende a Concellería de Igualdade do Concello de Soutomaior e baixo o lema”Fagamos Orgullo” realizaremos unha charla coloquio sobre a diversidade sexual, o día 7 de Xuño  as 18h. na Biblioteca Municipal, sita na rúa Illas Alvedosas nº 3, Arcade.  Nesta charla participarán: Eva Mejuto,  docente no máster “”Libro Ilustrado e Animación Audiovisual””da Universidade de Vigo e rematou a súa tese...