Mércores, 23 Novembro 2016 12:57

25 Novembro: Pasos de Liberdade

25 Novembro: Pasos de Liberdade

O vindeiro venres 25 de Novembro conmemórase o Dia Internacional contra a violencia machista. Dende o Concello de Soutomaior, promóvese a campaña Municipal entorno a esta data baixo o lema "Pasos de Liberdade", facendo recoñecemento a necesidade dun compromiso individual, social e institucional para a loita efectiva contra a violencia de xénero.

Pasos de Liberdade, a campaña municipal do Concello de Soutomaior, foi nesta ocasión ilustrada cunha imaxe cedida xenerosamente pola súa autora, Andrea Jano, www.andreajanoilustracion.com, para este fin.

Unha imaxe chea de movemento que intenta reflectir a necesidade de camiño, de decisións e de movemento para dar pasos cara a unha igualdade real na sociedade actual. A necesidade de rachar estereotipos e barreiras sociais para facer fronte a unha violencia de carácter estructural que non sempre é sinxela de identificar.

Dentro da programación de actividades para o 25 de Novembro atópanse a promoción dun mapa de recursos para abordaxe integral da violencia de xénero, que será exposto e divulgado polo comercio local ó longo da xornada.

 

As 12:00 da mañá esta prevista unha reunión Interinstitucional, con representantes do Concello de Soutomaior, o Concello de Vilaboa e o Concello de Pazos de Borbén para falar sobre as estructuras de coordinación intermunicipais para facer unha abordaxe integral e eficaz da violencia de xénero e evitar así agudizar as situacións de violencia ante a ruta crítica que as veces as vítimas sufren por parte das institucións.

O CIM , Centro de Información á Muller de Soutomaior, da cobertura a través dun convenio, a poboación do Concello de Vilaboa e do Concello de Pazos de Borbén que precisen asesoramento xurídico ou atención psicolóxica en materia de violencia de xénero.

Na actualidade, segundo datos da subdelegación do goberno presentados na última mesa de Coordinación, no mes de Novembro,  están vixentes unhas 21 ordenes de afastamento .

Representantes políticos e técnicos dos tres Concellos presentarán un mapa de recursos persoalizado para cada un dos concellos, onde se especificarán os recursos locais existentes, para facilitar o acceso das vítimas a recursos especializados en materia de violencia de xénero.

 

As 18:30 horas a Concelleira de Igualdade, Cristina González Piedras, farase cargo da lectura do manifesto institucional contra a violencia machista do Concello de Soutomaior no Centro Multiusos en  Arcade.

Posteriormente presentarase o ciclo de curtas , onde a través de diferentes temáticas, se visibilizan distintos tipos de violencias patriarcais  presentes na sociedade.  O ciclo de curtas é de pase gratuíto para todas as persoas intetresadas ata compretar aforo.

 

Adxuntamos a programación das curtas cunha breve sinopse das mesmas:

 


Publicado en Igualdade


Concellería de Igualdade
CIM - Multiusos de Arcade

Charla coloquio “Fagamo Orgullo”

27-05-2019 / Igualdade

Dende a Concellería de Igualdade do Concello de Soutomaior e baixo o lema”Fagamos Orgullo” realizaremos unha charla coloquio sobre a diversidade sexual, o día 7 de Xuño  as 18h. na Biblioteca Municipal, sita na rúa Illas Alvedosas nº 3, Arcade.  Nesta charla participarán: Eva Mejuto,  docente no máster “”Libro Ilustrado e Animación Audiovisual””da Universidade de Vigo e rematou a súa tese...