Martes, 25 Outubro 2016 10:10

Laboratorio de Costura Creativa

Laboratorio de Costura Creativa

A Concellería de Igualdade do Concello de Soutomaior, da man de Emaús  Fundación Social, organiza o Laboratorio de costura creativa, a través da reutilización do textil.

Nesta actividade formativa, enmarcada no III Plan Municipal de Igualdade entre homes e mulleres do concello de Soutomaior 2014-2017, dentro da área de formación e educación, trátase non só de xerar impacto directo  na reducción de textiles que van o lixo e impactan directamente sobre o medio ambiente, senón  tamén de traballar e desenvolver a creatividade, fomentar a ocupación saudable do tempo libre, propiciar unha mellor xestión da economía doméstica, e propiciar a xeración de iniciativas de autoemprego vinculadas a costura mediante a reutilización de textiles.

O laboratorio terá inicio o 17 de Novembro de 2016 e finalizará o 19 de Xaneiro de 2017, as clases impartiránse en horario de mañá de 9:45 a 12:45 no Centro Multiusos en Arcade, intentando favorecer as posibilidades de conciliación para as participantes.

A acción formativa terá un total de 40 horas lectivas, a súa maioria prácticas impartidas a man de Emaús, e outras iniciativas colaboradoras en moda ética como La canalla, que impartirá un módulo de tres horas para as participantes , onde dará a coñecer a súa empresa e o seu desenvolvemento ó longo destes anos, e a cooperativa Cestola na Cachola que impartirá un monográfico sobre cooperativismo e economía social e consumo consciente. Así mesmo haberá un módulo de igualdade de oportunidades.

Na clausura do Laboratorio, o venres 27 de Xaneiro, participará tamén a Asociación Amarante Setem, organización galega que traballa e na construcción dunha sociedade baseada en relacións xustas, a través da educación, da economía social, do consumo responsable e do comercio xusto. Proxectarase o documental Fios Fora, de Illa bufarda, onde se visibiliza a figura das mulleres no sector textil galego, historias de obreiras, entre costuras e patróns.

A Concellería de Igualdade, aposta con esta iniciativa por unha oferta formativa responsable, que intenta fomentar e visibilizar as mulleres, dende unha perspectiva respetuosa co medio ambiente, o consumo consciente e os valores de cooperativismo no feminismo.

O prazo de inscricións comeza o 25 de Outubro, e as prazas son limitadas. O prezo da matricula é de 20 euros para empadroadas, e 40 para non empadroadas. Quedando exentas do pago da mesma beneficiarias dalgunha prestación social, baixo informe dos servicios sociais.

Para máis información e inscricións diríxanse o CIM sito no Centro Multiusos de Arcade 986701227.


Publicado en Igualdade
Visto 1537 veces


Concellería de Igualdade
CIM - Multiusos de Arcade

Mesa de coordinación para a atención das vítimas de violencia de xénero.

11-10-2019 / Igualdade

O Concello de Soutomaior continua coa súa loita contra a violencia machista, para iso organizou a súa sétima mesa de coordinación para a atención integral das vítimas de violencia de xénero. Unha cita interinstitucional que integra o ámbito educativo, sanitario, aos servizos sociais e aos corpos de seguridade para crear redes de traballo e sistemas de coordinación que axilicen e...