Martes, 13 Novembro 2018 13:44

Programa de actos contra a violencia de xénero con motivo do 25N.

Programa de actos contra a violencia de xénero con motivo do 25N.

 O Concello de Soutomaior presentou hoxe o seu programa de actos para conmemorar o 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

 O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, e a edil de igualdade, Cristina González, fixeron pública a nova campaña municipal de concienciación titulada “#Imparables”, coa que o Concello pretende “concienciar á poboación sobre a necesidade de afrontar esta secuela social de maneira contundente.

A campaña terá dúas liñas de actuación, unha primeira que se desenvolverá no Centro de Información da Muller de Arcade, que incluirá varias actividades, e unha segunda liña na que se implicará a todos os alumnos de primaria e secundaria do municipio con actividades no seu centro educativo. As actividades con escolares levarán a cabo ata o próximo día 23 deste mes e pretenden continuar o traballo realizado o pasado ano durante o proxecto “E ti que fas pola igualdade?”, no que se abordaban diversos conceptos sobre a igualdade de xénero de forma positiva e desde a propia responsabilidade.

Ademais, o 20 de novembro terá lugar a representación teatral “Contamos todas”, da compañía Tropa de Trapo. O espectáculo estará dirixido aos alumnos de bacharelato e combina historias contadas con música en directo para inculcar valores como a igualdade, o respecto e a liberdade.

Por último, o 25 de novembro, o Multiusos de Arcade acollerá diversas actividades.

Ás 16:30 horas comezarán os primeiros talleres con actividades para os máis pequenos e talleres sobre igualdade para homes e mulleres.

Ás 19:00 procederase á lectura do manifesto institucional contra a violencia de xénero que abrirá o concerto do grupo “Cinta Adhesiva”.

 

AXENDA MUNICIPAL

Concellería de Igualdade
Obradoiro 25N: Guepard@s #IMPARABLES (actividades infantis) 

xogos.jpg


Inscricións ata: 23 Nov 2018 
Datas: 25-11-2018 ó: 25-11-2018 / de 16:45 a 18:15 h
Lugar: Multiusos de Arcade 
Destinatarios/as: 4 - 12 anos (menores con autorización)

Inscrición en LIÑA

Concellería de Igualdade
Obradoiro 25N: Homes con corazón 

homes.jpg


Inscricións ata: 23 Nov 2018 
Datas: 25-11-2018 ó: 25-11-2018 / de 16:30 a 18:30 h.
Lugar: Multiusos de Arcade 
Destinatarios/as: 16 e + máis (menores con autorización)

Inscrición en LIÑA

Concellería de Igualdade
Obradoiro 25N: para Mulleres 

mulleres.jpg


Inscricións ata: 23 Nov 2018 
Datas: 25-11-2018 ó: 25-11-2018 / de 16:30 A 18:30 h
Lugar: Multiusos de Arcade 
Destinatarios/as: 16 e + máis 

Inscrición en LIÑA

Publicado en Igualdade


Concellería de Igualdade
CIM - Multiusos de Arcade

25N //IMPARABLES//

03-12-2018 / Igualdade

Vivir é o único soño que sucede se o podes compartir” E co compartir das mulleres no mural colectivo do “25 N. IMPARABLES” no Centro de Información da Muller en Arcade , estamos un pouco máis preto de que o cambio, que nos parece un soño, suceda. Eramos mulleres de distintas idades, moitas podiamos ser nais outras podiamos ser fillas, outras...

>> Destacado de Igualdade

Programa de actos contra a violencia de xénero con motivo do 25N.

Mar 13-Nov-2018 / Igualdade

 O Concello de Soutomaior presentou hoxe o seu programa de actos para conmemorar o 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero.  O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, e...

LEER MÁIS