Venres, 02 Novembro 2018 14:47

Concerto De Vacas apertura a campaña "#IMPARABLES fronte as violencias machistas"

Concerto De Vacas apertura a campaña "#IMPARABLES fronte as violencias machistas"

 

Este Sábado día 3 de Noviembre, as 22:30 no Centro Multiusos en Arcade, terá lugar a presentación da Campaña Municipal #IMPARABLES, 25 N, e a continuación o Grupo de Vacas, ofrecerá un concerto de balde para todas as asistentes.
De Vacas é o proxecto musical das vocalistas Faia Díaz, Inés Salvado e Paula Romero, ao que decidiron incorporar a Guillerme Fernández (guitarra). Déronse a coñecer a través de internet cunha sorprendente versión do Gangnam Style, de Psy. E iso que, cando decidiron poñer en marcha o experimento, pretendían ser un grupo de versións das Spice Girls, pero Guillerme convenceunas para amplar o abano de artistas aos que versionar.
A Concellería de Igualdade , seleccionou este cuarteto para a presentación da campaña, pola revisión que ofrece nas súas versións musicais sobre a ruptura de estereotipos de xénero, tanto nas súas letras coma na súa posta en escea das mesmas.
A Campaña municipal do 25 N, Día Internacional contra as violencias machistas, baixo o lema #IMPARABLES , pretende visibilizar este carácter e espiritu imparable que teñen os cambios sociais e individuais de cara a consecución da igualdade real entre homes e mulleres, e por suposto fronte o rexeitamento absoluto das violencias machistas en todos os seus xeitos e manifestacións.
#IMPARABLES consta de actividades de información e sensibilización dirixidas os centros escolares e outras, dirixidas a poboación en xeral, coma o concerto de este Sábado dia 3 de Novembro.
 
O dia 12 de Novembro comezarán as actividades nos centros escolares do Concello, de 1º de primaria, ata 1ª de Bacharelato. O Concello de Soutomaior, aposta de novo, como cada ano , por manter a educación en igualdade coma un dos alicerces dunha sociedade futura máis igualitaria e libre de violencias machistas. O empeño  de intervir de xeito transversal en todas as idades de primaria, secundaria e bacharelato, consolida o compromiso dunha aposta integral e continuada, ademáis de estrucutrada dentro dos plans educativos dos centros, garantindo a chegada a toda a poboación escolarizada do municipio.
As actividades nos centros educativos desenvolveranse ó longo do mes de Novembro nos propios centros, excepto a dirixida a 1º de Bacharelato, que será no Salón de actos do Multiusos de Arcade, o 20 de Novembro.
A tropa de trapo, firmada por Marta Ortiz e Brais das Hortas, co seu espectáculo “Contamos todas”, realizará unha actividade que combina historias contadas, con música en directo e un obradoiro participativo onde se contará coa opinión do alumnado e das súas propostas.
 
Ademáis, dende o 22 de Novembro o 5 de Decembro,no Salón de actos do Centro Multiusos,  contaremos coa exposición “Cartas de amor”, onde 15 artistas exponen as súas obras contra a violencia de xénero. A exposición estará aberta o público en xeral, e desenvolveranse obradoiros explicativos para os escolares.
 
O 25 de  Novembro,  levaranse a cabo as actividades centradas no Dia Internacional contra as violencias machistas, dentro dun programa interxeneracional que pretende implicarnos a todos e todas na consecución real da igualdade. Para isto a Campaña, fai especial relevancia, no que podemos facer cada un de nós, dende o noso mundo local para implicarnos activamente e participar na construcción dunha sociedade en violencias machistas.  
Para isto lanzamos esta pregunta. E ti, que fas pola Igualdade?
 
O domingo 25 de Novembro no centro Multiusos, crearase un lugar para a concentración  e a convivencia, interxeneracional e interxénero, onde todas teremos o noso lugar para reflexionar sobre os cambios que estamos vivindo e os que precisamos encarar nun futuro inmediato para posicionarnos como sociedade fronte as violencias machistas.
Contarase con obradoiros infantis de xogos en igualdade, con Obradoiros para Homes para reflexionar sobre a necesidade da súa implicación para acadar modelos de novas masculinidades, e cosntruirase un mural xigante comunitario de expresión e repulsa contra os aberrantes datos de este 2018 en violencia machista.
Este ano, contamos contigo, 
 
Este 25 N, Soutomaior #IMPARABLE fronte as violencias machistas.
 
 
AXENDA MUNICIPAL
 

18-Concerto-de-Vacas.jpg

Concellería de Igualdade
Data: 03 Nov 2018 / 10:30PM - 
Lugar: Multiusos de Arcade 
Destinatarios/as: Todas as idades e + máis (menores acompañados)
ENTRADA GRATUÍTA
 

Publicado en Igualdade
Descargar adjuntos:

18 #Imparables 25N (Díptico) Colegios.pdf (16 Descargas)
18 #Imparables 25N (Díptico).pdf (15 Descargas)


Concellería de Igualdade
CIM - Multiusos de Arcade

Programa de actos contra a violencia de xénero con motivo do 25N.

13-11-2018 / Igualdade

 O Concello de Soutomaior presentou hoxe o seu programa de actos para conmemorar o 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero.  O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, e a edil de igualdade, Cristina González, fixeron pública a nova campaña municipal de concienciación titulada “#Imparables”, coa que o Concello pretende “concienciar á poboación sobre a necesidade de afrontar esta...

>> Destacado de Igualdade

Programa de actos contra a violencia de xénero con motivo do 25N.

Mar 13-Nov-2018 / Igualdade

 O Concello de Soutomaior presentou hoxe o seu programa de actos para conmemorar o 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero.  O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, e...

LEER MÁIS