Martes, 19 Setembro 2017 13:47

Novos cursos para desempregados

Novos cursos para desempregados

O Concello de Soutomaior acaba de convocar dous novos cursos de formación para desempregados que se desenvolverán nos dous centros homologados cos que conta o municipio. Cada ciclo conta cun aforamento máximo de 15 prazas e están destinados principalmente a poboación desocupada. Ambos os ciclos son totalmente gratuítos e, ademais de proporcionar un certificado de profesionalidade de nivel 2, levan asociados unha serie de axudas para o seu desenvolvemento que cada participante deberá solicitar a través do Concello de Soutomaior.

O primeiro dos ciclos tratará sobre Atención Socio sanitaria a persoas no domicilio. Terá lugar no taller Luís Seoane de Alxán e ten cunha carga lectiva de 618 horas, das cales 120 serán totalmente prácticas.

O segundo curso, que levará a cabo no Multiusos de Arcade, versará sobre Actividades de Xestión e abarcará  898 horas lectivas que compoñen o curso, das cales 80 serán prácticas.

A pesar de ser cursos dirixidos principalmente á poboación desempregada, é importante sinalar que de non cubrirse as vacantes ofertadas existe a posibilidade de que o 25% destas prazas poidan ocuparse por aqueles interesados que estean a traballar actualmente e poidan compatibilizar horarios. Estas persoas deberán dirixirse ás oficinas da Casa do Concello de Soutomaior para realizar a súa inscrición e achegar a documentación necesaria.

Os interesados en participar deberán inscribirse na oficina de emprego de Redondela  e para máis información pódese consultar nas oficinas do Concello de Soutomaior ou ben a través dos números de teléfono 986 705 106 ou 986 705 114,


Publicado en Emprego e Formación
Visto 1392 veces


Concellería de Emprego e Formación
Casa do Concello

Curso de turismo mariñeiro, 13, 14 e 15 de febreiro - Arcade

11-02-2019 / Emprego e Formación

O GALP Ría de Vigo - A Guarda está organizando un curso de 10 horas de duración, repartidas en tres días, sobre turismo mariñeiro, para persoas do sector pesqueiro, marisqueiro e acuícola. Para facilitar o acceso, á formación impartirase en dúas localidades (Arcade na semana próxima e A Guarda a última semana de febreiro). A programación, datas e lugar de impartición son...