Luns, 11 Febreiro 2019 14:07

Curso de turismo mariñeiro, 13, 14 e 15 de febreiro - Arcade

Curso de turismo mariñeiro, 13, 14 e 15 de febreiro - Arcade

O GALP Ría de Vigo - A Guarda está organizando un curso de 10 horas de duración, repartidas en tres días, sobre turismo mariñeiro, para persoas do sector pesqueiro, marisqueiro e acuícola.

Para facilitar o acceso, á formación impartirase en dúas localidades (Arcade na semana próxima e A Guarda a última semana de febreiro).

A programación, datas e lugar de impartición son as seguintes:

13 de febreiro de 16 a 19 h (sede da Federación provincial de confrarías de pescadores - Arcade)

- Turismo mariñeiro, características e beneficios

- Sentido de mostrar o porto a lonxa e a nosa actividade como profesional do mar

- Inconvintes/ Público que  quero captar

- Recursos naturais. Cultura mariñeira, características e catalogación

14 de febreiro, de 16 a 19 h (Multiusos de Arcade)

-Ciclo de vida dun produto/destino

- A posta en marcha, recepción e despedida de turistas

- Deseño e creación dun itinerario dentro das instalacións e interrelacionario co noso proceso produtivo

15 de febreiro, de 9 a 13 h (Multiusos de Arcade)

- Preparación do discurso: Identificar a mensaxe corporativa, filosofía, como falar en público, as tres claves para comunicar

- Realización de enquisas de satisfacción, check list, ferramentas de mellora e seguimento

- Creación de paquetes e experiencias creativas a través de Lego: da idea á oportunidade económica

O número mínimo de participantes para realizar o curso é de 10 persoas, e o máximo é de 25.

En caso esta interesado/a en participar no curso de Arcade, podedes apuntarvos ata o luns 11 de febreiro, no correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. indicando nome completo e entidade á que pertence.


Publicado en Emprego e Formación
Visto 224 veces


Concellería de Emprego e Formación
Casa do Concello

Curso de turismo mariñeiro, 13, 14 e 15 de febreiro - Arcade

11-02-2019 / Emprego e Formación

O GALP Ría de Vigo - A Guarda está organizando un curso de 10 horas de duración, repartidas en tres días, sobre turismo mariñeiro, para persoas do sector pesqueiro, marisqueiro e acuícola. Para facilitar o acceso, á formación impartirase en dúas localidades (Arcade na semana próxima e A Guarda a última semana de febreiro). A programación, datas e lugar de impartición son...