Venres, 20 Xaneiro 2017 20:06

Escola de pais e nais: Charlas sobre as tecnoloxías e internet

Escola de pais e nais: Charlas sobre as tecnoloxías e internet
Apertura do programa "Aprendendo en Familia da Escola de Pais e Nais no CPI M. Padín Truiteiro. Este programa é un lugar de encontro onde pais e nais e resto de membros da unidade familiar tentan buscar estratexias para  mellorar a relación cos fillos e fillas e a súa Educación.  Participan no programa activamente a ANPA Negueirós e o CPI M. Padin Truiteiro.
 
Comezamos en dúas sesións sobre AS TECNOLOXÍAS E INTERNET: aliadas ou inimigas?
 
  • Dirixidas a: familias de alumnado de 6º de primaria e 1º e 2º da ESO
  • Datas: martes 24 de xaneiro e martes 31 de xaneiro de 2017
  • Horario: de 17,00 a 18,30 h
  • Lugar: salón de actos do CPI M. PADIN TRUITEIRO
 
Obxectivos destas dúas sesións:
- Informar sobre o uso dos dispositivos por parte de nenos e nenas, adolescentes e mozos/as.
- Vantaxes do uso das novas tecnoloxías fronte ás posibles consecuencias negativas derivadas dun uso abusivo, contidos ou delitos.
- Pautas para pais e nais: información, educación e estratexias de control (normas, límites e comunicación)
- Pautas para profesorado: promocionar un uso responsable/saludable da rede e reforzar os factores de protección familiares.
 
Contidos:
- Dispositivos, redes sociais e tendencias actuais de uso.
- Programas máis usados: perigos, abusos, consecuencias. Control das familias
- A educación en valores e as habilidades sociais como estratexias para previr as conductas aditivas.
- Habilidades de comunicación, normas e límites, e alternativas de lecer e tempo libre.
- As pantallas e a rede como aliadas das familias para promover conductas máis responsables. Boas prácticas
 
Impartido por:
- Maria Fontán licenciada en psicoloxía e membro da Asociación AMAINA
- Antonio Rial, doutor en psicoloxía social e profesor titular da facultade de psicoloxía da USC
 
Poden asistir os nosos fillos/as?
SI, porque haberá monitores/as que realizarán actividades lúdicas para os nenos/as mentres as familias están na sesión. Ás veces ó remate da sesión de adultos realizarase unha actividade conxunta: maiores e nenos/as.
 
 

Publicado en Escola de Pais
Visto 796 veces


Escola de Pais e Nais

Aprendendo en familia: novos obradoiros e temas de interese para educar

30-04-2018 / Escola de Pais

O Concello de Soutomaior pon en marcha dúas novas sesión do programa APRENDENDO EN FAMILIA. Nesta ocasión tocaremos novos temas de interese pero dun xeito moi práctico porque durante as sesións as familias participarán en xogos de rol e dinámicas para traballar a partir de casos prácticos novas habilidades e recursos que os poidan axudar a mellorar o seu traballo...