Venres, 01 Decembro 2017 14:05

Cazarco Soutomaior no campionato de España

Cazarco Soutomaior no  campionato de España

A  deportista Dolores Bugarin, do club Cazarco Soutomaior, como campioa galega de percorridos de caza con arco na modalidade de arco asistido, forma parte da selección da Federación Galega de Caza que este domingo día 3 disputará o XX Campionato Nacional no centro de actividades Carlos Astorga, na localidade Malagueña de Archidona, despois dalgúns anos en que a competición estivo suspendida por problemas na Federación Española coa nova dirección.

Dolores, que xa conseguiu dous terceiros postos na competición nacional, espera mellorar nesta ocasión.


Publicado en Deportes e Pavillón


Concellería de Deportes
Pavillón Municipal A Montesiña

Alfonso Pazos (C.B.Arcade) – Distinción ao merito deportivo

07-11-2018 / Deportes e Pavillón

A Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia entregará o vindeiro martes 13 de novembro as distincións ao mérito deportivo de Galicia na súa edición 2018 nun acto que se celebrará no Auditorio Abanca de Santiago de Compostela.  O presidente do Club Baloncesto Arcade está entre os distinguidos (a petición do Concello de Soutomaior) pola súa longa traxectoria tanto...

Campionato Galego Seleccións Comarcais

30-10-2018 / Deportes e Pavillón

O vindeiro xoves día 1 celebrarase nos campos municipais de fútbol de Arcade e de Soutomaior a primeira fase do campionato galego de seleccións comarcais. Máis de 300 nenos e nenas disputarán nos dos campos este campionato onde participarán as seleccións de Ferrol, A Coruña, A Costa da Morte, Santiago de Compostela, Lugo, Pontevedra, Vigo e Ourense.  Dividense en categorías masculinas e...

Emotiva II gala do deporte

02-10-2018 / Deportes e Pavillón

O Multiusos de Arcade acolleu o pasado venres a II Gala do Deporte do Concello de Soutomaior,. O obxectivo de homenaxear a clubs, deportistas que destacaron pola súa traxectoria deportiva cumpriuse con fartura.  Foron presentados os 4 novos clubs federados como os de fútbol veterano Arcade e Verduxo así como o Club Petanca e o club ciclista Arcadecycles Team. Os deportistas distinguidos e...

II Gala do Deporte

26-09-2018 / Deportes e Pavillón

O Multiusos de Arcade acollerá o vindeiro venres día 28 desde as 21.00 horas a II Gala do Deporte do Concello de Soutomaior, organizado co obxectivo de homenaxear a clubs, deportistas e veciños que destacaron pola súa traxectoria e colaboración no ámbito deportivo. Tamén se recoñecerán os méritos de deportistas empadroados no Concello que practican modalidades distintas aos dos clubs locais. O...

Recibimento a Antonio Palmas e Brais Sánchez

19-09-2018 / Deportes e Pavillón

Antonio Palmas e Brais Sánchez foron recibidos no Concello de Soutomaior polo Alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, pola súa traxectoria deportiva e sobre todo polos últimos logros en competicións de alto nivel do piragüismo. Este ano foron os vencedores do 47 Descenso Internacional do Miño, lograron tamén a primeira posición no XLI Trofeo Princesa de Asturias e 5º clasificados no 82º...

Novos adestradores de fútbol base

14-09-2018 / Deportes e Pavillón

 A Federación Galega de Futbol fixo entrega esta semana dos diplomas acreditativos do curso federativo de monitor de fútbol basee no que participaron 35 alumn@ s de toda a comarca e que se impartiu no Concello de Soutomaior . O acto de entrega tivo lugar no auditorio do Multiusos de Arcade e contou coa presenza do alcalde, Agustín Reguera e Manuel...