Venres, 04 Outubro 2019 09:51

Festival Deportivo

Festival  Deportivo

Pavillón A Montesiña – Sábado 5 de outubro ás 19,00 horas

Con motivo da posta en servizo da remodelación do pavillón municipal terá lugar un festival deportivo no que intervirán os clubs Patinaxe Artistica Soutomaior, Kick Boxing Club Arcade e Club Treboada de ximnasia rítmica e acrobática.

Máis de 160 deportistas dos tres clubs, que forman parte das escolas deportivas, poñerán a proba as remodelacións desta instalación deportiva onde se procedeu á substitución do pavimento deportivo tipo areaelastico con acabado de haxa sobre soportes elásticos de caucho.

Realizouse o desmonte e retirada da instalación de fontanería actual en ferro galvanizado, elementos de conexión, chaves de paso, válvulas mesturadoras, fluxores, chaves e rociadores e substitúense por novas unidades temporizadas.

En canto á iluminación interior do pavillón púxose en marcha o cambio de 18 unidades de proxectores colocados na estrutura da cuberta, actualmente de halogenuro de 400 W, por novas unidades de campá con fonte de luz Módulo LED de 165 W cun fluxo luminoso de 20500 lm.

Tamén na zona exterior cambiáronse 8 unidades na pista de tenis e e 4 unidades na pista de pádel.

 Substituiranse os taboleiros de baloncesto por uns de metacrilato de resistencia a impactos elevada e con aros de canastra basculantes conforme ás esixencias da normativa FIBA e instalarase un sistema de adaptación de altura de baloncesto para minibasquet.


Publicado en Deportes
Visto 200 veces