Venres, 06 Setembro 2019 10:50

Traballos de mellora no CEIP Padín Truiteiro Destacado

Traballos de mellora no CEIP Padín Truiteiro

O Concello de Soutomaior acaba de finalizar a segunda fase das melloras programadas para o CEIP PadinTruiteiro. Tras os traballos necesarios para adaptar as medidas de seguridade do centro aos alumnos de infantil procedentes do antigo colexio de Oliveira, este ano as melloras centráronse nunha renovación case completa de varios patios, o pavillón deportivo e os exteriores ademais de varias tarefas de mantemento nas aulas.

Os primeiros traballos dedicáronse a unha renovación completa do perímetro exterior do centro, que se limpou e repintó por completo. Ademais, reformáronse completamente os cuartos de baño do patio principal ampliando os accesos e renovando todo o material cerámico e de fontanería. Boa parte das melloras levaron a cabo en varios dos patios do centro. O que dá acceso ao comedor escolar renovouse completamente retirando toda a capa de terra e cemento en mal estado para substituílo por un novo chan antiescorregadizo, ademais, aproveitáronse os traballos para mellorar a seguridade do depósito de almacenamento de combustible para a calefacción do centro.

No patio principal completouse a substitución da cuberta de fibrocemento iniciada o ano pasado. Esta mellora permitiu aliviar a estrutura do tellado polo que tamén se mellorou a seguridade e a habitabilidade do patio ao eliminar 11 columnas de suxeición, deixando un patio máis aberto e con menos obstáculos para os nenos. Ademais, tamén se acondicionou toda a pista do patio cun repintado e realizouse unha limpeza e pintado completo do pavillón deportivo tanto os exteriores como o interior.

Por último, levaron a cabo varias tarefas de mantemento habitual nas aulas como a reparación de pequenas incidencias de fontanería, persianas e pequenas melloras de habitabilidade.


Publicado en Deportes e Pavillón
Visto 188 veces


Concellería de Deportes
Pavillón Municipal A Montesiña

Obras no Pavillón Municipal “A Montesiña”

18-09-2019 / Deportes e Pavillón

Dentro do proxecto de melloras nas instalacións da área deportiva da Montesiña, continúan a bo ritmo as obras dentro do pavillón Municipal onde se está procedendo á substitución do pavimento deportivo tipo areaelastico con acabado de haxa sobre soportes elásticos de caucho. Realízase o desmonte e retirada da instalación de fontanería actual en ferro galvanizado, elementos de conexión, chaves de paso...