Venres, 02 Agosto 2019 11:16

Máis Kaiak Soutomaior Destacado

Máis Kaiak Soutomaior

O Concello de Soutomaior pon en marcha para este mes de agosto o programa “ Máis Kaiak” no que se poñerá ao dispor de todos os usuarios un servizo de aluguer de kaiak de mar na praia de Arcade e na praia fluvial de Comboa(Soutomaior)

Os horarios serán de 12,00 a 14,00 horas e de 16,30 a 19,30 horas sendo as datas previstas as seguintes:

Do 5 ao 18 de Agosto - Praia de Arcade.

Do 19 á 25 – Praia de Comboa (Soutomaior)

Do 26 de Agosto ao 1 de setembro - Praia de Arcade.

O prezo simbólico fíxase por media hora en 1 € para os empadroados (deben de presentar documento que acredite) e 2 € para os non empadroados.

Os menores de idade deben de estar acompañados por un adulto responsable aínda que estarán dispoñibles monitores que poidan acampañarlos.

Esta actividade conta coa colaboración do Club Náutico Arcade


Publicado en Deportes e Pavillón
Visto 384 veces


Concellería de Deportes
Pavillón Municipal A Montesiña

XXV Concentracional Nacional Seat 600

09-08-2019 / Deportes e Pavillón

O vindeiro domingo día 11 no Peirao de Arcade terá lugar a habitual concentración de Seat 600 que neste ano cumprirá a súa XXV edición. Máis de 100 seat 600 espérase que esten no parque pechado o domingo desde onde se desprazarán por distintos lugares das Rias Baixas. A saída está prevista para as 11,30 horas. O sábado día 10 desde...