Luns, 15 Abril 2019 12:49

Kick Boxing Club Arcade

Kick Boxing Club Arcade

A magnífica pista de atletismo cuberta de Expourense, albergou o Campionato Galego de Kick Boxing.

 O mellor deste deporte reuniuse en Ourense onde o Kick Boxing Club Arcade logrou 53 medallas participando en dúas das tres probas do campionato Tatami Sport ( point fight e lixeiro contact).

25 ouros, 16 pratas e 12 bronces seguen situando ao Kick Boxing Club Arcade como o mellor club de Galicia na súa categoría entre os 31 clubs participantes e mais de 200 competidores.

Parabén a todos os competidores do Club Arcade e ao seu equipo técnico encabezado por Manuel Alvarez (Lito)


Publicado en Deportes e Pavillón
Visto 493 veces


Concellería de Deportes
Pavillón Municipal A Montesiña

XXV Concentracional Nacional Seat 600

09-08-2019 / Deportes e Pavillón

O vindeiro domingo día 11 no Peirao de Arcade terá lugar a habitual concentración de Seat 600 que neste ano cumprirá a súa XXV edición. Máis de 100 seat 600 espérase que esten no parque pechado o domingo desde onde se desprazarán por distintos lugares das Rias Baixas. A saída está prevista para as 11,30 horas. O sábado día 10 desde...