Martes, 12 Marzo 2019 11:21

Carreira infantil da ostra Destacado

Carreira infantil da ostra

Xa está aberto o prazo de inscrición para a Carreira Infantil da Ostra 2019.

Terá lugar no Peirao de Arcade o vindeiro domingo 31 de marzo a partir das 11,30 horas.

As categorías por idades serán as seguintes:

Chupete: nacidos en 2014 ata 2016., Pitufos (nados 2012-2013), Benjamines (2010-2011), alevíns (2008-2009), Infantís (2006-2007) e cadetes (2004-2005)

Todos os corredores recibirán a súa medalla de participación e os tres primeiros clasificados de cada categoría terán as súas medallas de ouro, prata e bronce.

As inscricións pódense realizar en liña na pagina www.gabinetesoutomaior.com ou presencial no pavillón municipal da Montesiña ata o xoves 28 de marzo.

Nuns días indicaremos o circuíto de carreiras e as distancias por categorías

 Ao finalizar as carreiras haberá un concerto infantil “Sesión Zume” do I Festival de cinema e música Soutopequeno.


Publicado en Deportes e Pavillón


Concellería de Deportes
Pavillón Municipal A Montesiña

Carreira infantil da ostra

12-03-2019 / Deportes e Pavillón

Xa está aberto o prazo de inscrición para a Carreira Infantil da Ostra 2019. Terá lugar no Peirao de Arcade o vindeiro domingo 31 de marzo a partir das 11,30 horas. As categorías por idades serán as seguintes: Chupete: nacidos en 2014 ata 2016., Pitufos (nados 2012-2013), Benjamines (2010-2011), alevíns (2008-2009), Infantís (2006-2007) e cadetes (2004-2005) Todos os corredores recibirán a súa medalla de...