Mércores, 16 Xaneiro 2019 11:06

Cross Escolar Xogade Soutomaior 2019

Cross Escolar Xogade Soutomaior 2019

A campaña de actividade lúdico deportiva XOGADE( xogos galegos deportivos en idade escolar), é unha iniciativa promocionada e financiada pola Xunta de Galicia, co obxectivo de levar a actividade a todos os concellos galegos e brindarlles aos escolares a posibilidade de practicar e competir cos clubs e colexios de toda a comunidade autónoma, dáselle así resposta a un dos obxectivos principais da política deportiva: fomentar e estender o deporte educativo e saudable a toda a sociedade desde as idades máis temperás.

Dentro deste programa XOGADE celebrouse onte unha xornada de campo a través nas inmediacións do Campo de Fútbol de Salgueirón de Arcade onde competiron colexios de Vilaboa, Redondela, Pazos de Borben, Soutomaior e Pontevedra ( Pontesampaio).

As distancias para percorrer por categorías foron: Benxamin: 500 met., Alevín: 1000 met., Infantil: 1200 met. e Cadetes: 2000 met.

As clasificacións finais quedaron da seguinte maneira:

Benxamín Femenino: 1ª Mara Rincón, 2ª Carlota Neira y 3ª Lucia Gomez. Todas ellas del Colegio Santiago Apóstol

Benxamin Masculino: 1º.- Taha Dareme (Toural), 2º Roque Perez (Apóstol) y 3º Brais Gonzalez (Apóstol).

Alevín Femenino:  1ª Eva Garcia (Riomaior) 2ªMaria Otero (Apóstol) y 3ª Noa Currás (Toural)

Alevín Masculino: 1º Roi Silva (Pontesampaio), 2º Lucas Lozano (Toural) y 3º Yassir Fahlal (Toural)

Infantil Femenino:  1ª Andrea Rial (Pontesampaio), 2ªIris Collazo (Riomaior) y 3ª Marta Juncal (Toural)

Infantil Masculino: 1º Mauro Costa (Riomaior), 2º Gabriel Gomez (Toural) y 3º Iker Corugeira (Quintela)

Na categoría cadetes coparon os primeiros postos os participantes do Colexio Toural de Vilaboa na seguinte orde:

Cadete femenino: 1ª Debora Simoes, 2ª Lucia Otero y 3ª Laura Rodriguez

Cadete Masculino: 1º Yahia Nichami, 2º Lucas Filgueira y 3º Jose Belarmino Casal

Esta competición escolar foi organizada pola agrupación deportiva local e contou coa colaboración do Concello de Soutomaior, Comunidade de Montes da Devesa e do C.D.Arcade


Publicado en Deportes e Pavillón


Concellería de Deportes
Pavillón Municipal A Montesiña

Clinic de Juan Lebrón en Soutomaior

14-06-2019 / Deportes e Pavillón

Juan Lebrón imparte mañá sábado día 15 en horarios de 10 a 13 h e de 16 a 19 h un clinic de padel nas pistas do pavillón Municipal da Montesiña. Juan Lebrón é o actual nº 5 do World Padel Tour e coa súa actual parella de xogo, Paquito Navarro, están clasificados en segundo lugar da clasificación mundial. O clinic...