Mércores, 26 Setembro 2018 11:21

II Gala do Deporte

II Gala do Deporte

O Multiusos de Arcade acollerá o vindeiro venres día 28 desde as 21.00 horas a II Gala do Deporte do Concello de Soutomaior, organizado co obxectivo de homenaxear a clubs, deportistas e veciños que destacaron pola súa traxectoria e colaboración no ámbito deportivo.

Tamén se recoñecerán os méritos de deportistas empadroados no Concello que practican modalidades distintas aos dos clubs locais.

O acto será presentado por Terio Carreira e Cándido Pazó.

Inicialmente serán presentados os 4 novos equipos federados. Son os equipos de fútbol de veteranos do Arcade e Verduxo, club Petanca Arcade e o club ciclista Arcadecycles Team.

Serán distinguidos 5 clubs federados polos seus meritos deportivos ao longo da ultima tempada: C.D.Soutomaior (equipo xuvenil) C.D.Arcade (Equipo 1ª rexional), Arcadia E. F. (Liga galega feminina), Club Tenis e Padel Soutomaior, C.D.Arcade infantil e Club Patinaxe Artística Soutomaior.

Haberá un recoñecemento á Asociación Veciñal Pozo Vello pola organización da Baixada de Carrilanas en Arcade

Os directivos Enrique Rodríguez e Eduardo Gil polas súas longas traxectorias no C.D.Soutomaior e o C.D.Arcade.

Así mesmo farase unha homenaxe especial a Alfonso Pazos do Club Baloncesto Arcade (que cumpre 73 anos desde a súa fundación) xa que se quere significar a súa especial vinculación durante tantos anos co club tanto como adestrador como presidente.

Os distinguidos como adestradores serán Manuel Alvarez (Lito) Kikck Boxing e Pablo Ortega.( Whu- Shu)

De carácter individual serán galardoados polos meritos deportivos da pasada tempada os seguintes:

 Antonio Palmas , Brais Sanchez e Daniela Alvarez en piragüismo. Carlota Veiga – Ricardo Figueroa (Orientación) David Vilán, Alejandro Calvar e Lucia Bouzón en fútbol masculino e feminino.Monica Alarcón en ciclismo,Mateo Crespo en Crossfit , Sofia Alvarez e Alexia Ortega en artes marcíais.Rita Lorenzo , Ainara Calvar e Aldara Cabaleiro en Ximnasia Acrobática.

A parte mais emotiva do acto pretende ser o recoñecemento a antigos deportistas do Concello para agradecerlles a súa importante contribución ao deporte.

Serán recoñecidos como “lendas” Daniel Alvarez – Luís Miguez – Francisco Vilán -Carlos Abal – Jesús Martinez – Rodolfo Rodiño-Francisco Porto -Gonzalo Miñán e Francisco Garcia.

 O Alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, convida a asistir a todo o mundo a esta II Gala do Deporte onde se xuntará toda a familia deportiva e recoñeceremos aos distintos homenaxeados o seu labor e contribución ao deporte,

 


Publicado en Deportes e Pavillón


Concellería de Deportes
Pavillón Municipal A Montesiña

Kick Boxing Club Arcade

15-04-2019 / Deportes e Pavillón

A magnífica pista de atletismo cuberta de Expourense, albergou o Campionato Galego de Kick Boxing.  O mellor deste deporte reuniuse en Ourense onde o Kick Boxing Club Arcade logrou 53 medallas participando en dúas das tres probas do campionato Tatami Sport ( point fight e lixeiro contact). 25 ouros, 16 pratas e 12 bronces seguen situando ao Kick Boxing Club Arcade como...