Venres, 14 Setembro 2018 09:35

Novos adestradores de fútbol base

Novos adestradores de fútbol base

 A Federación Galega de Futbol fixo entrega esta semana dos diplomas acreditativos do curso federativo de monitor de fútbol basee no que participaron 35 alumn@ s de toda a comarca e que se impartiu no Concello de Soutomaior .

O acto de entrega tivo lugar no auditorio do Multiusos de Arcade e contou coa presenza do alcalde, Agustín Reguera e Manuel Mosquera, director da escola de adestradores da federación galega de fútbol.

O curso desenvolveuse durante as tres últimas semanas e contou cunha carga lectiva de 65 horas con materias destinadas ao desenvolvemento intelectual dos xogadores como a psicoloxía, a ética deportiva ou o liderado, e materias destinadas a mellorar aspectos deportivos xenerais e específicos do fútbol, como as sesións de adestramento, fisioloxía, nutrición, medicina do fútbol e regulamentación.

Máis da metade exercerán como técnicos en equipos do municipio e debido ao éxito da convocatoria o goberno local e a Federación Galega estudarán a posibilidade de organizar novos cursos e de maior nivel


Publicado en Deportes e Pavillón


Concellería de Deportes
Pavillón Municipal A Montesiña

Substitución do pavimento deportivo no pavillón Municipal A Montesiña

22-05-2019 / Deportes e Pavillón

 O Concello de Soutomaior pon en marcha o concurso de subministración e colocación de pavimento deportivo tipo areaelastico con acabado de haxa sobre soportes elásticos de caucho. Este concurso convócase por segunda vez xa que a anterior adxudicataria á hora de fornecer o material non cumpría os parámetros definidos na adxudicación segundo informes dos técnicos municipais polo que se lle cancelou...