Venres, 07 Setembro 2018 12:38

Escolas Deportivas 2018-2019

Escolas Deportivas 2018-2019

O vindeiro luns día 10 ponse en marcha o período de inscricións para as Escolas Deportivas do Concello de Soutomaior 2018-2019 que se iniciarán o 1 de outubro excepto patinaxe e baloncesto que o seu comezo está previsto para o luns 8.

Baile Moderno, multideporte, ximnasia rítmica e acrobática, tenis e padel, iniciación ao deporte, actividade física para adultos son as propostas para estas Escolas Deportivas.

O prazo de inscrición ábrese desde o 10 ao 21 de setembro e as prazas son limitadas xa que hai un máximo e un mínimo por actividade e grupo.

Patinaxe e baloncesto son gratuítos xa que están subvencionados pola Deputación Provincial.

O festival de clausura está previsto para o sábado 1 de xuño de 2019.

Os horarios e grupos poderán ser cambiados para mellor funcionamento das Escolas Deportivas.

As inscricións e a información mais detallada pódese realizar no Pavillón Municipal da Montesiña.

Así mesmo, desde día 17 de setembro ata o 3 de outubro, ábrese o prazo para a inscrición de equipos na liga local de fútbol sala.

O inicio está previsto para o 8 de outubro e todos os xogadores terán que contar con mutualidade deportiva.

 

AXENDA MUNICIPAL

Cartel-Escolas-Deportivas.jpg

Escolas M. Deportivas
Do: 01-10-2018 ó: 01-06-2019
Inscricións ata: 21 Set 2018 
Destinatarios: Todo público
Lugar da actividade: Pavillón M. A Montesiña
Prazas: Limitadas

Baloncesto - Patinaxe - Natación - Baile Moderno - Multideporte - Ximnasia Rítmica - Ximnasia Acrobática - Tenis e Padel - Iniciación ó Deporte - Actividade Física para Adulto...


Publicado en Deportes e Pavillón


Concellería de Deportes
Pavillón Municipal A Montesiña

Kick Boxing Club Arcade

15-04-2019 / Deportes e Pavillón

A magnífica pista de atletismo cuberta de Expourense, albergou o Campionato Galego de Kick Boxing.  O mellor deste deporte reuniuse en Ourense onde o Kick Boxing Club Arcade logrou 53 medallas participando en dúas das tres probas do campionato Tatami Sport ( point fight e lixeiro contact). 25 ouros, 16 pratas e 12 bronces seguen situando ao Kick Boxing Club Arcade como...