Venres, 24 Agosto 2018 11:21

Fútbol - XXXIX Trofeo da Ostra (Masculino)

Fútbol - XXXIX Trofeo da Ostra (Masculino)

O sábado 25 de agosto a partir das 18,00 horas no campo municipal de Salgueirón (Arcade) enfrontaranse os equipos C.D.Arcade e A Lama S.D. masculino, para disputar o XXXIX Trofeo da Ostra. O C.D. Arcade presentará ante a súa afección as novas fichaxes para a próxima tempada onde militará na 1ª Galicia despois do ascenso na tempada anterior.

Os xogadores e o técnico que os dirixe, Juan Amoedo, esperan facer unha boa campaña na tempada que se inicia o próximo día 2 en Arcade contra o Atl. Cuntis

 

Fútbol-XXXIX-Trofeo-da-ostra-(masculino).jpg

 

AXENDA MUNICIPAL

 

Concellería de Deportes
CD Arcade - A Lama SD
Data: 25 Ago 2018 / 06:00PM - 
Lugar da actividade: Campo M. de Fútbol do Salgueirón, Arcade 
Destinatarios/as: Todo público 


Publicado en Deportes e Pavillón


Concellería de Deportes
Pavillón Municipal A Montesiña

Alfonso Pazos (C.B.Arcade) – Distinción ao merito deportivo

07-11-2018 / Deportes e Pavillón

A Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia entregará o vindeiro martes 13 de novembro as distincións ao mérito deportivo de Galicia na súa edición 2018 nun acto que se celebrará no Auditorio Abanca de Santiago de Compostela.  O presidente do Club Baloncesto Arcade está entre os distinguidos (a petición do Concello de Soutomaior) pola súa longa traxectoria tanto...

Campionato Galego Seleccións Comarcais

30-10-2018 / Deportes e Pavillón

O vindeiro xoves día 1 celebrarase nos campos municipais de fútbol de Arcade e de Soutomaior a primeira fase do campionato galego de seleccións comarcais. Máis de 300 nenos e nenas disputarán nos dos campos este campionato onde participarán as seleccións de Ferrol, A Coruña, A Costa da Morte, Santiago de Compostela, Lugo, Pontevedra, Vigo e Ourense.  Dividense en categorías masculinas e...

Emotiva II gala do deporte

02-10-2018 / Deportes e Pavillón

O Multiusos de Arcade acolleu o pasado venres a II Gala do Deporte do Concello de Soutomaior,. O obxectivo de homenaxear a clubs, deportistas que destacaron pola súa traxectoria deportiva cumpriuse con fartura.  Foron presentados os 4 novos clubs federados como os de fútbol veterano Arcade e Verduxo así como o Club Petanca e o club ciclista Arcadecycles Team. Os deportistas distinguidos e...

II Gala do Deporte

26-09-2018 / Deportes e Pavillón

O Multiusos de Arcade acollerá o vindeiro venres día 28 desde as 21.00 horas a II Gala do Deporte do Concello de Soutomaior, organizado co obxectivo de homenaxear a clubs, deportistas e veciños que destacaron pola súa traxectoria e colaboración no ámbito deportivo. Tamén se recoñecerán os méritos de deportistas empadroados no Concello que practican modalidades distintas aos dos clubs locais. O...

Recibimento a Antonio Palmas e Brais Sánchez

19-09-2018 / Deportes e Pavillón

Antonio Palmas e Brais Sánchez foron recibidos no Concello de Soutomaior polo Alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, pola súa traxectoria deportiva e sobre todo polos últimos logros en competicións de alto nivel do piragüismo. Este ano foron os vencedores do 47 Descenso Internacional do Miño, lograron tamén a primeira posición no XLI Trofeo Princesa de Asturias e 5º clasificados no 82º...

Novos adestradores de fútbol base

14-09-2018 / Deportes e Pavillón

 A Federación Galega de Futbol fixo entrega esta semana dos diplomas acreditativos do curso federativo de monitor de fútbol basee no que participaron 35 alumn@ s de toda a comarca e que se impartiu no Concello de Soutomaior . O acto de entrega tivo lugar no auditorio do Multiusos de Arcade e contou coa presenza do alcalde, Agustín Reguera e Manuel...