Xoves, 09 Agosto 2018 10:59

Curso de Monitor de Fútbol base

O Concello de Soutomaior acollerá por primeira vez o curso de Monitor de Fútbol base organizado pola Federación Galega.

O alcalde, Agustín Reguera, presentou onte a convocatoria acompañado de Amancio Varela responsable de comunicación da FGF do director da Escola de adestradores, Manuel Mosquera, e os presidentes dos clubs de fútbol do municipio, C.D. Arcade e C.D. Soutomaior.

O curso de Monitor de Fútbol base ten unha carga lectiva de 65 horas que se realizarán de maneira intensiva durante as dúas primeiras semanas do mes de setembro. Entre as materias que se cursarán están cuestións técnicas como a organización de sesións de adestramento, regulamentación, fisioloxía e nutrición dos xogadores, e outras dirixidas á formación persoal dos mozos deportistas como psicoloxía deportiva, liderado e ética deportiva.

A inscrición débese realizar a través do portal da federación galega de fútbol, www.futgal.es, na sección de “ adestradores/ escola”.

O prazo para realizar a inscrición xa está aberto e terminará o 27 de agosto.

O ciclo ten un custo de 150 euros, aínda que o Concello de Soutomaior financiará unha parte do curso aos participantes empadroados.


Publicado en Deportes e Pavillón


Concellería de Deportes
Pavillón Municipal A Montesiña

Novos adestradores de fútbol base

14-09-2018 / Deportes e Pavillón

 A Federación Galega de Futbol fixo entrega esta semana dos diplomas acreditativos do curso federativo de monitor de fútbol basee no que participaron 35 alumn@ s de toda a comarca e que se impartiu no Concello de Soutomaior . O acto de entrega tivo lugar no auditorio do Multiusos de Arcade e contou coa presenza do alcalde, Agustín Reguera e Manuel...

Melloras en instalacións deportivas

12-09-2018 / Deportes e Pavillón

 O Concello de Soutomaior inicia os traballos de reforma no campo de fútbol Municipal de Candán ( Graciano Padín) e que é unha das distintas melloras nas instalacións deportivas do Concello que están previstas como as do pavillón municipal e as do campo de fútbol de Salgueirón entre outras. A mellora consistirá na construción dun novo local social para o CD...

Escolas Deportivas (Baloncesto e Patinaxe) DEPOrte Escolas

10-09-2018 / Deportes e Pavillón

INSCRICIÓN PATINAXE E BALONCESTO (Rexitro único) Pasos para formalizar a inscrición: Ir a www.depo.gal/deporte-escolas Opcions de inscrición: Rexistros da Deputación ou nas oficinas da ORAL Buscar: “Xerar solicitude para presentar no rexistro) Cubrir a solicitude e envialos datos a través da web. A Deputación nos remitirá a solicitude ó noso correo electrónico e debemos IMPRIMILA e FIRMALA. Duas opción para formalizala inscrición: Escanear esta solicitude firmada e remitila a...

Escolas Deportivas 2018-2019

07-09-2018 / Deportes e Pavillón

O vindeiro luns día 10 ponse en marcha o período de inscricións para as Escolas Deportivas do Concello de Soutomaior 2018-2019 que se iniciarán o 1 de outubro excepto patinaxe e baloncesto que o seu comezo está previsto para o luns 8. Baile Moderno, multideporte, ximnasia rítmica e acrobática, tenis e padel, iniciación ao deporte, actividade física para adultos son as...

Moito máis Kaiak

24-08-2018 / Deportes e Pavillón

“Máis kaiak” continua ata o 2 de setembro Debido á alta demanda e á boa acollía que tivo a campaña “ Máis Kaiak” o Concello de Soutomaior decide proseguila ata o domingo 2 de setembro.  “ Máis Kaiak” pon a disposición dos usuarios que o demanden un servizo de aluguer de kaiaks a uns prezos moi asumibles. Nas praia do Peirao de Arcade...

Fútbol - XXXIX Trofeo da Ostra (Femenino)

24-08-2018 / Deportes e Pavillón

Fútbol Feminino: O domingo será a quenda para as mozas do Arcadia, E. F. que disputarán este XXXIX Trofeo da Ostra contra a Atl. Matamá. Campo Municipal de Salgueirón – Domingo 26 de agosto a partir das 20,00 horas . As xogadoras, adestradas por Sergio Santomé, terán tamén que facer un bo papel nesta presentación ante a súa afección xa que a liga...

Escolas Deportivas (Baloncesto e Patinaxe) DEPOrte Escolas

Lun 10-Set-2018 / Deportes e Pavillón

INSCRICIÓN PATINAXE E BALONCESTO (Rexitro único) Pasos para formalizar a inscrición: Ir a www.depo.gal/deporte-escolas Opcions de inscrición: Rexistros da Deputación ou nas oficinas da ORAL Buscar: “Xerar solicitude para presentar no rexistro) Cubrir a solicitude e envialos datos a través da web. A Deputación nos remitirá a solicitude ó noso correo electrónico e debemos IMPRIMILA e FIRMALA. Duas opción para formalizala inscrición: Escanear esta solicitude firmada e remitila a...

LEER MÁIS

Escolas Deportivas

Ven 07-Set-2018 / Carteis

Escolas M. Deportivas Do: 01-10-2018 ó: 01-06-2019 Inscricións ata: 21 Set 2018  Destinatarios: Todo público Lugar da actividade: Pavillón M. A Montesiña Prazas: Limitadas Baloncesto - Patinaxe - Natación - Baile Moderno - Multideporte - Ximnasia Rítmica - Ximnasia Acrobática - Tenis e Padel - Iniciación ó Deporte - Actividade Física para Adulto...

LEER MÁIS

Video - Actividades de Verán 2018